Estela funeraria de dous escravos do centurión Audasius Maximus da Lexión X Gemina atopada en Caldas de Reis |
O camiño continúa por Carracedo, onde Rey Souto no seu traballo sobre as tenzas do Temple sitúa propiedades dos templarios. Orixinariamente románica, a igrexa de Santa Mariña de Carracedo (de autoría descoñecida) foi lugar de descanso e oración para os peregrinos no medievo.
Cruz patada desbastada na porta principal de Sta. Mª de Xanzá |
Santa María de Xanzá |
Nesta parroquia os templarios tiñan o dereito de cobro de parte das quadras ; estas, coma as define un dos Libros de Constituciones da catedral, eran unha "mensuram legitimam et antiquam" pola que se miden as tercias nas que, despois de recollido, divídese o dezmo das parroquias: un terzo pertencía ao arcebispo, outro ao cura e un terceiro á fábrica da igrexa, isto en xeral; pero ás veces, esa tercia episcopal era cobrada por outras institucións relixiosas, como sucedía no caso de Xanzá polos templarios ; iten a a dita ordeen do Tenple de renta en cada huun ano na yglesia de Santa María de Jaançe tres libras de branquas (branca: moéda de prata e cobre dos s. XIV-XV).
Pía Bautismal de Sta. Mª de Xanzá |
Ara dos Lares Viales San Xulián de Requeixo (Pontecesures) |
O Camiño continuaría coincidindo coa VIA XIX ata o Castro Cesuris ( Pontecesures) ao seu carón atópase San Xulián de Requeixo. No ano 1918, nas obras de demolición e reforma da capela do S. XII (3a), atopáronse seis restos de aras romanas; unha dedicada aos Lares Viales (de novo os deuses dos camiños protexendo ao viaxeiro) -hoxe desaparecida- e outra consagrada a Xúpiter (o máis grande dos deuses romanos e deus oficial do Imperio). O templo de San Xulián de Requeixo construíse sobre un lugar sagrado posiblemente romanizado coa chegada das lexións. Diferentes autores indican que foi construído por Xelmirez ou na época do arcebispo, atopase ao pe da VIA XIX e está consagrado a San Xulián un dos santos máis venerados polos templarios logo da Santa María e Xoan Bautista[3b].
En Pontecesures, Claudio, emperador romano, ordenaría construír o porto de Iria (algo máis tarde chamada Iria Flavia) e a ponte sobre o Ulla (hoxe totalmente reformada, aínda pasa o tráfico rodado por ela). Seguramente no Monte do Porto ( Porto de Pontecesures) -onde apareceron moedas romanas e restos arqueolóxicos que indican unha poboación romana de índole portuaria- atracarían barcos de grande calado mentres que o porto do río Sar en Padrón estaría reservado a embarcacións pequenas.
Mapa de posesións templarias do libro Los templarios y el cabildo de Santiago |
Iria conformase como núcleo romanizado sobre o I. d. C. Sería na súa fundación unha mansio romana destinada a avituallamento das tropas e mercancías. A súa posición xeoestratéxica (río Ulla-Sar e VIA XIX - saída de Lucus Augusti ao mar) e a riqueza mineral que baixa polas augas do Ulla dende terras do Deza e a zona de Arzúa (estaño e ouro aluvial) fan de el un enclave de suma importancia para o Imperio[4]. Estelas funerarias, pequenos bronces de escasa calidade, moedas romanas, cerámicas sigillatas tardías, vidros, cerámicas locais pintadas, de verniz vermello.., son testemuña dunha ocupación romana ininterrompida ata o século V d. C.[5]
Réplica do Pedrón (ara de Neptuno) no Santiaguiño do Monte |
Na igrexa de Santiago de Padrón (que dende o S. IX pasou por varias reformas), debaixo do altar, atópase o Pedrón, ara romana dedicada a Neptuno que deu nome ao municipio de Padrón. Segundo a tradición xacobea, a este pedrón amarrouse a barca de pedra que trouxo de volta a Gallaecia os restos do Apóstolo Iacobus.
Santiago - sempre segundo a tradición- estivera evanxelizando estas terras de teimudos castrexos anos antes do seu regreso e martirio en Xerusalén. Predica no entorno pagán das rocas de Santiaguiño do Monte durante anos intentando converter aos nativos coporos de Iria. Na súa teima por trocar os ritos dos autóctonos nas rocas de Santiaguiño do Monte sofre a persecución dos airados pagáns,
A roca cristianizouse con cruces gravadas, a colocación dun Sant Iago sentado sobre un pedestal e unha cruz que xa existía no XVII.
Enriba da fonte edificarase a capela de Santiaguiño, suponse que románica xa que no século XV o canónico Gregorio comezará a súa reconstrución.
Fonte Santa de tres canos en Santiaguiño do Monte |
Nas Memorias do Cardeal Jerónimo del Hoyo de finais do s.XVI relata o canónico que por aqueles buracos pasaban os peregrinos mais non cría verosímil que os que estivesen en pecado mortal non podían pasar como aseguraban algúns lugareños. Describe tamén a pedra que facía de cama do Apóstolo máis arriba[6]. O Cardeal desconfía dalgunhas crenzas populares pero non lle quita veracidade a que foi o lugar onde predicou o santo Iacobus.
Segundo o etnógrafo Antonio Fraguas antano, moitas parellas deitábanse nas pedras sagradas co propósito de ter familia[7]
As augas da fonte por suposto teñen propiedades purificadoras, na véspera de San Xoán débese recoller para mesturalas coas herbas, é a auga de San Xoán que nos purifica e nos libra dos malos espíritos. Castellá Ferrer que peregrinou a Santiaguiño do Monte no 1604, escribe sobre o poder curativo das augas da fonte santa de Santiaguiño, que cura diversas enfermidades, sobre todo as calenturas (febre), como acto probatorio; a el mesmo curouno dunha grande dor de estómago que lle pasou ao instante[8].
Santiago diante das entradas do Outro Mundo en Santiaguiño |
Os ritos que a tradición conserva sobre as rocas do Santiaguiño do Monte son elocuentes; os peregrinos han subir rezando e de xeonllos polos chanzos pasando entre os ocos das rocas. Tamén di a tradición popular que se non se fai este rito de vivo, hai que facelo de morto. É a mesma indicación que se lle fai aos romeiros do norte de Portugal para visitar o Sepulcro de Santiago, ou aos peregrinos de San André de Teixido, é o mesmo que se di en Irlanda sobre o illote de Tech Duinn (Casa de Donn) o deus dos mortos irlandés[9].
As portas abertas nas rocas de Santiaguiño teñen cristianizados tamén os seus nomes, que a tradición indique que son as portas doutros mundos recórdanos a Portalen do Monte do Seixo de Cerdedo[10], que na noite de Tódolos Santos (a noite máxica do Samain) a xente accedía pola porta megalítica dende o leste cara oeste para deixar ofrendas (pan, viño, velas…) aos defuntos, é unha porta do Máis Alá que se abre nesa data sinalada.
Pías ou cazoletas aos pes de Santiago en Santiaguiño do Monte |
No Santiaguiño os ritos serían semellantes, estarían relacionados cunha divindade condutora na vida e na morte. O poder máxico das rocas é ben coñecido dende a prehistoria, eran símbolo de perennidade, inmobilidade, enerxía e forza.
Estelas galaico-romanas atopadas en Iria Flavia dedicadas aos Deuses Manes Foto do libro El mundo de los muertos en Galicia |
As entradas nas rocas do Monte de Santiaguiño serían esas portas do Alén simbolizadas polas arquerías das estelas funerarias, onde se celebrarían os ritos de agradecemento e petición aos deuses dos camiños ou dos mortos, nun entorno onde as augas máxicas purificarían aos devotos castrexos[13] antes de traspasalas portas do Máis Alá, á semellanza do aseo que facían os peregrinos medievais das súas partes máis pudorosas no río de Lavacolla (hidrónimo ben expresivo...) antes de chegar á casa de deus en Compostela.
Cruz patada na fachada de Sta. Mª de Iria |
Porta de Santa María A Maior Iria Flávia, á dereita cruz céltica lobulada inscrita nun círculo |
Fernando II rei de Galicia e León |
E moi posible que a esta expedición se sumase o conde de Traba, Fernando Pérez de Traba (no 1128, na súa estancia en Portugal coa raiña Teresa doaran varias posesións aos templarios) foi o impulsor da Orde do Temple en Galicia e cruzado en Palestina neses anos do 1147 ao 1148 e do 1154 ao 1155.
Co traslado da sede episcopal a Santiago, Santa María a Maior de Iria Flavia languidecería a favor da vila de Padrón. As diferentes cruces célticas e patadas espalladas pola fachada da Santa María de Iria, parecen ser testemuña dun pasado templario.
As posesións da Orde do Temple en Carracedo e na cercana Xanzá no camiño portugués e as excelentes relacións co Conde de Traba que é preceptor do Rei de Galicia e León Fernando II (rei que concede no 1164 o Foro a Padrón, e que ten coma un dos seus asesores reais o Mestre Guido da Guarda , mestre templario que acompaña ao rei bastantes años, figurando entre os confirmantes de numerosos documentos do monarca, entre eles algún tan importante como o tratado firmado con Alfonso VIII en Medina de Rioseco o 21 de marzo de 1181, no que se establecían as fronteiras entre os reinos de Galicia-León e Castela[15]) debuxan un escenario propicio para os intereses da Orde do Temple na vila de Padrón no século XII.
As posesións da Orde do Temple en Carracedo e na cercana Xanzá no camiño portugués e as excelentes relacións co Conde de Traba que é preceptor do Rei de Galicia e León Fernando II (rei que concede no 1164 o Foro a Padrón, e que ten coma un dos seus asesores reais o Mestre Guido da Guarda , mestre templario que acompaña ao rei bastantes años, figurando entre os confirmantes de numerosos documentos do monarca, entre eles algún tan importante como o tratado firmado con Alfonso VIII en Medina de Rioseco o 21 de marzo de 1181, no que se establecían as fronteiras entre os reinos de Galicia-León e Castela[15]) debuxan un escenario propicio para os intereses da Orde do Temple na vila de Padrón no século XII.
Moeda de Fernando II, contén a imaxe máis antiga da translatio do Apóstolo |
Boeno e claro está para os seus negocios, que para iso eran os mellores banqueiros da época.
Ata sempre e bo proveito, anosahistoria1@gmail.com
[1] http://www.viasatlanticas.depo.es/documentos/Guia_senderista%20_po.pdf e pax. 167 Corpus de Inscripcións romanas de Galicia.
[2]Pax. 764. Los templarios y el Cabildo de Santiago: A tenza do Temple
(3a) Pax. 231. Corpus de Inscripcións romanas de Galicia.
(3a) Pax. 231. Corpus de Inscripcións romanas de Galicia.
[3b] http://ruc.udc.es/bitstream/2183/11563/2/MirazSeco_Violeta_TD_2013.pdf Camiño inglés e templarios
[5] pax. 264 Padrón, Iria..
[7] Pax. 28. Leyendas y milagros del Camino de Santiago
[8] Pax. 28. Leyendas y milagros del Camino de Santiago
[9] Pax. 8. El mundo de los muertos en Galicia y en el folklore del occidente europeo
[11] Pax. 14. Religiones indígenas en la Hispania Romana. Antigua, Historia y Arqueología de las Civilizaciones. Jose María Blázquez
[12] Pax. 74 El mundo de los muertos en Galicia y en el folklore del occidente europeo
[13] É posible que as pías que se ven na roca sobre a que se atopa a imaxe de Santiago fora a recéptora da auga santa para os ritos de purificación, na Portalen as Augas do Ceo recollidas nas súas pías teñen propiedades purificadoras
[14] Pax.104. LA PEREGRINACIÓN MARÍTIMA. EL CAMINO INGLÉS DESDE LA RÍA DE FERROL EN LA BAJA EDAD MEDIA. http://ruc.udc.es/bitstream/2183/11563/2/MirazSeco_Violeta_TD_2013.pdf
[15] Pax. 18. Panorámica de la Orden del Temple en la corona de Galicia-Castilla-León http://www.institutodemer.es/articulos/TEMPLARIOS.pdf
Bibliografía
* MARIÑO FERRO X.R. Leyendas y milagros del Camino de Santiago, Ellago Ediciones S.L.. Vilaboa (Pontevedra), 2010.
* ALONSO ROMERO F. El mundo de los muertos en Galicia y en el folklore del occidente europeo, Editorial Agce, S.L. Vigo. 2009.
* VARIOS. Padrón, Iria y las tradiciones jacobeas, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2004.
* REY SOUTO J. A. Los templarios y el Cabildo de Santiago: A Tenza do Temple. Las ordenes militares en la península ibérica. Volumén I. Edad Media, Ediciones de la Universidad de Castilla La Mancha, Murcia, 2000.
*PEREIRA MARTÍNEZ C. Panorámica de la Orden del Temple en la corona de Galicia-Castilla-León, http://www.institutodemer.es/articulos/TEMPLARIOS.pdf
* BLÁZQUEZ J.M. Religiones indígenas en la Hispania Romana. Antigua, Historia y Arqueología de las Civilizaciones.
* PEREIRA MENAUT G. Corpus de Inscripcións romanas de Galicia, Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela, 1994.
* VARELA CAMPOS, M. P. Actuacións arqueolóxicas. Ano 2006. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2008.
* PEREIRA MENAUT G. Corpus de Inscripcións romanas de Galicia, Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela, 1994.
* VARELA CAMPOS, M. P. Actuacións arqueolóxicas. Ano 2006. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2008.