Cruceiro de Santa Cruz de Xeve |
Dedicado á Torroeira de Fragoso por eses inesquecibles anos da infancia
Logo da conquista romana da Galicia a finais do século I a.C. o
Imperio romano pon en marcha a súa maquinaria de explotación de recursos minerais e de control das zonas conquistadas. Os primeiros pasos serán a
creación dunha rede viaria para o transporte de metais e avituallamento, e a
pacificación das trebas castrexas. Parte fundamental da pacificación da
poboación castrexa será a asimilación e aculturación[1]
dos costumes e crenzas castrexas por parte da relixión romana.
Ara aos Lares Viales das Torres do Oeste de Catoira No Museo de Pontevedra |
Os Lares Viales, deuses dos camiños, son un claro exemplo de
divindades castrexas ocultas baixo unha toga romana.
Ara aos Lares Viales de Graba, Silleda No Museo de Pontevedra |
Ara aos Lares Viales de Adro Vello, San Vicente do Mar Foto cedida polo Dr. José Carro Otero, o seu custodio. |
Ara aos Lares Viales de Castrofeito, O Pino. Na Facultade de Historia da Universidade de Santiago |
O Lares Viales son pois, eses deuses dos camiños aos que
adoraban e pedían protección sobrenatural os galaico-romanos nas súas viaxes, a súa existencia na nosa terra aparece no fondo da prehistoria.
Ante a falta de información nos textos antigos sobre a
natureza destes deuses viais, Bermejo fai un estudio comparativo das calidades e ritos divinos presentes nos deuses
dos camiños da antigüidade:
Milladoiro cristianizado no camiño de San André de Teixido |
Mapa dos milladoiros nos camiños a Compostela de Fernando López Alsina |
Coa
práctica de deixar pedras[11] nas encrucilladas na honra da divindade dos
camiños San Martiño non ía ter sorte; os amilladoiros ou milladoiros son eses
montículos de pedras[12] que formaban os camiñantes e logo os peregrinos na
súa viaxe cara o santuario da súa salvación eterna. Chamados tamén humilliatorios ou
miñadoiros
están documentados dende a Alta Idade Media (sete había nos camiños que
entraban en Santiago)[13] , segundo Monteagudo, ata ben pouco, había 23
amilladoiros no camiño antigo de San André de Teixido, e outros moitos en Cedeira,
Cesuras, Trasanquelos, Sobrado dos Monxes, Melide, Mouche, Vío, había un enorme en San Cristovo das Viñas (A
Coruña)[14], aínda temos vivos os da ruta de peregrinación á San André deTeixido. Pouco a pouco estes milladoiros foron substituídos por cruceiros e
petos de ánimas.[15]
Estes
amilladoiros coa súa función funeraria tamén se atopan na Serra do Geres (norte
Portugal) e na Europa céltica; Bretaña francesa, País de Gales, Escocia,
Irlanda onde reciben o nome de cairn, segundo Almagro[16] , este nome viría da raiz céltica ker, cabeza cúspide.
Mapa correxido dos Lares Viales na Península Ibérica de Isabel Portela Filgueiras |
O culto dos camiños xa se esvaeu na memoria das xentes, pero é posíbel que en ningunha banda do mundo garden as encrucilladas un arume de misterio tan punxente como na nosa terra e nos demais países celtas. As remanencias do culto vial teñen, de seguro, un orixe autóctono, aínda que os nosos deuses morreran asoballados polos números romanos. As calzadas militares de Roma enguliron a vida dos camiños galegos e por eles entrou a morte con roupaxes diferentes.
Castelao. As Cruces de Pedra na Galiza.
Bermejo busca no folklore galaico a pista que lle poida
indicar as características dos Lares Viales[17], atopa
nos estudios de Taboada Chivite sobre as encrucilladas a conexión daqueles
deuses dos camiños co deus grego dos camiños
Hermés. Para a nosa cultura popular é na encrucillada onde se producen o
contacto co Alén, onde se paran os enterros para rogar polo defunto, onde
as choronas ofrecen viandas aos presentes, onde se enterran aos nenos sen
bautizar….
Deuses dos Camiños en Santa Cruz de Fragoso
Mapa correxido e ampliado dos camiños medievais no Val do Lérez do libro Los Caminos medievales de Galicia |
San André no Cruceiro de Santa Cruz |
A ara ten
75 cm de alto, 27 cm de ancho e 10 cm de groso. Moi desgastada, cortada na
parte superior - perdeu parte do texto- e desbastada no lado dereito e no
esquerdo cara atrás. Datada no fin do século II principios do III d. C.
Segundo
lectura (moi borrosa e de interpretación insegura) de Sampedro, a inscripción
do altar pon:
L ARIB V / S V(ialibvs)P(vella)/ AR(am)
P(ossvit)/ L(ibens) M(erito)
Puella[18] puxo este altar aos Lares Viales gustosa e
merecidamente
A ara romana
foi atopada, sen dúbida, na hoxe desaparecida Igrexa Vella de Santa Cruz no
proceso de demolición da mesma. No entorno da igrexa había unha necrópole,
varios sartegos atópanse na Canliña, polo que era o antigo cemiterio de
Fragoso, e sería, seguramente, tamén igrexa bautismal.
Da igrexa de Santa Cruz de Fragoso ( hoxe chamada Santa Cruz, a secas) temos novas polo vago recordo dos veciños de Fragoso que oíran falar dunha vella capela na Canliña, pola documentación notarial e eclesiástica dos séculos XV e XVI e pola catalogación de patrimonio do POXUM do Concello de Pontevedra (ver mapa clicando aquí).
No XVI a igrexa estaba abandonada segundo se
extrae dun documento notarial da cesión do foro da igrexa e casal de Santa Cruz
de Fragoso (neste documento de 1586[19] con grafía gótica e
en castelán aparece o topónimo Xebe[20] con x e b)
atopado no arquivo parroquial de San André de Xeve, polo seu párroco rector
Herminio Sande Lado.
Ara aos Lares Viales de Santa Cruz de Fragoso. No Museo de Pontevedra |
A Igrexa Vella
de Santa Crus de Fragoso (segundo a grafía
dun documento notarial de 1433 -ver documento clicando aquí-), estaba asentada nun suave outeiro, orientada ao sol nacente, na
encrucillada que unía os camiños ancestrais que viñan de Verdozido, de Tenoyro, de
Morania (Moraña), do Castro do Valo (Ponte Bora), de Pontevedra e de
Campolameiro. Son camiños que na Idade Media aínda seguen acollendo todo o
rodar de mercancías da zona.
Son camiños
que poñían en comunicación os castros do entorno:
Vistas do Val do Lérez dende o lugar onde se atopaba a Igrexa Vella de Santa Cruz de Fragoso |
O camiño de
Moraña subía cara o norte pasando polo Castro Maúnzo, cruzaba a villae medieval de Fonte[21] (Os Fontás) e
seguiría o mesmo trazado da carreteira EP0018 ata Moraña.
O camiño de
Tenorio, baixaba cara o río Lérez polas Veigas de Alén[22] cruzaba o río nos pasos ou poldras de Porta
Pía e subía ata o castro de Tenorio.
O camiño de
Castro do Valo ía ata Filgueira polo camiño romano, cruzaría o río nas pontes
de Bora (onde enlazaba co camiño que viña de Tenorio cara Pontevedra) e seguía
cara Castro do Valo.
Veigas de Alén en Santa Cruz cara ao río Lérez |
A Era
Contemporanea trouxo para a parroquia de Xeve a carreteira PO-223, que co seu trazado máis ao norte da antiga
igrexa de Santa Cruz, fai esmorecer e esquecer a vella ruta. Hoxe en día, Santa
Cruz de Xeve está representada polo cruceiro ao pe desta carreteira provincial,
dista uns 300 metros do lugar onde se
atopaba a Igrexa Vella. De coidada talla
pode que fora obra do maestro Cendón,
segundo algúns veciños o cruceiro de Santa Cruz é o que estaba diante da capela
de San Roque, costeado polo rector Argüelles[24] a
finais do século XVII, ten a Xesús crucificado e a
Piedade na cruz, a San André coa cruz en aspa nunha fornela e a Santiago sen
barba ou a San Roque sen can noutra?.
Verducido dende o Outeiro do Castro. En primeira linea o Castro do Gabian |
O lendario Castro Maúnzo |
Santa Cruz de
Fragoso é un caso semellante ao doutras igrexas prerrománicas e románicas con
necrópole onde se atoparon aras votivas dedicadas aos Lares Viales; Santa María de Caldas, San Xulián de Requeixo, Adro Vello (San Vicente do Mar)… son claros exemplos de continuidade de ocupación
aló menos dende o século I. d. C. A cercanía dos ríos ou do mar tamén é un
distintivo común a eles, por algo a auga é un elemento purificador e detránsito cara o Alén.
Mais as trebas
castrexas non construían nas encrucilladas, nelas atópanse as portas do Alén,
do Máis Alá, son os lugares onde os indíxenas fan as súas rogativas ao deus dos
camiños, (Lug, Bandua, Bran, Breo, Breogán..) a divindade que guía no camiño da
vida e da morte, é onde se forman os milladoiros coas pedras das ánimas.
Capela e cruceiro de San Roque |
A partir do
século IV d.C., será a Igrexa quen faga esa tarefa de asimilación dos ritos
anteriores, neste caso romanos, coa conversión do emperador romano ConstantinoI ao cristianismo, os antigos cultos deixan de ser oficiais e prodúcese unha
lenta absorción dos rituais e divindades da
relixión politeísta polo cristianismo, Prisciliano será quen poña a andar ese proceso de
cristianización en Galicia, as elites das cidades e terratenentes do rural
seguirán maioritariamente as súas proclamas.
Calzada romana en Filgueira. Xeve |
A tradición da
Santa Cruz ten a súa raíz na invención da recuperación por Santa Helena -nai do
primeiro emperador cristiano Constantino I- da cruz onde Xesús fora crucificado.
A festividade
da Santa Cruz, Vera Cruz ou Cruz de Maio, que se festexa o 3 de maio,
tentou reemplazar a festa precristiá do
1 de maio, en xeral, con pouco éxito. Aínda que algunha resiste; na Santa Crus de Baiobre (Branzá, Arzúa), o 3 de maio séguese facendo a romaría e a
subasta das uñas, pídese á Santa Cruz pola protección dos animais e das
colleitas do campo.
A Festa dos Maios, verba que vén de Maia deusa grega da fecundidade e da
primavera, nai de Hermes, o deus dos
camiños grego, é unha festa de
orixe pagá que ten por obxecto celebrar o brotar da natureza na primavera, en
Galicia séguese festexando dende tempos inmemoriais do mesmo xeito; adornando a
árbore da vida con froitos e flores e danzando e recitando.
Posible miliario romano en Filgueira, Xeve |
No outeiro de
Santa Cruz de Fragoso, seguirían festexándose os maios na honra da nai
natureza, a nai do deus dos camiños, a igrexa vella coa Santa Cruz intentará
durante anos trocar aqueles ritos ata a súa desaparición na primeira metade do século XVI. A árbore da vida dos maios levará a Cruz de Maio na súa cúspide mais o recendo ancestral nunca ficará.
Mais hoxe os
maios seguen tendo unha importante aceptación popular na parroquia de Xeve, e coma
cada ano o primeiro de maio, a Asociación Recreativa de Xeve non falta a cita -e por secula seculorum- da Festa dos Maios na Praza da Ferrería de Pontevedra.
E para rematar
atentos que ei vén;
Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o
raposo medio criado
Ata sempre e bo proveito,
Celso Alberte Magariños Costas, celsomagarinhos@gmail.com
Post data: A finais do 2015, meses despois da publicación deste traballo, tivemos a nova da aparición doutro altar aos Lares Viales en Quintá, A Grade, Chantada, no que parecen os restos dunha mansión romana, os investigadores cren que podería tratarse de Aqua Quintina encravada nunha encrucillada da VIA NOVA (Lugo-Astorga). As excavacións fóron realizadas no 1993, un exemplo da nula difusión dos acontecementos históricos na nosa terra.
[1] Proceso de adopción.
[2] Proceso
de fusión.
[3] Pax.193 e ss. Mitología y mitos de la
Hispania Prerromana II
[4] Pax. 211. Mitología y mitos de la Hispania
Prerromana II
[5] Pax. 196. Mitología y mitos de la Hispania
Prerromana II
[6] Pax. 133. Diccionario de Diosas y Dioses,
Diablos y Demonios
[7] Pax. 354. Historia de las creencias y de
las ideas religiosas. Tomo I
[8] Pax. 162 Sociedade e Relixión na Galicia
Antiga
[9] Pax. 197. Mitología y mitos de la Hispania
Prerromana II
[10] Pax. 9. Revista Nós nº97, ano 1932 Tomo V.
De Correctione Rusticorum Traducción
de Paulino Pedret Casado
[11] Esta teima de lanzar a pedra para solicitar axuda
divina aínda se contempla sobre unha chea de capelas da nosa terra no día da
súa romaría.
[12] as pedras seica son a cápsula das ánimas dos defuntos
[13] Pax.
285. Del Cantábrico al Duero.
[14] Pax. 14
El canto de los Responsos
[15] Pax.
150. As Festas cíclicas
[16] Pax. 15 El canto de los Responsos
[17] Pax. 226. Mitología y mitos de la Hispania
Prerromana II
[18] Que a dedicante sexa unha muller chamada
Puella, moza en latín, é algo dubidoso xa que so se basa na letra P.
[19] Pax. 16 a 19. Xeve en el siglo XVII
[20] Tamén aparece nos documentos coma Jebre,
Xeve, Geve, Gebe, Jebe, Jeve. Na época medieval a grafía "j"
representa unha prepalatal fricativa sorda , é dicir, é o mesmo sonido que en
galego actual escríbese con "x". Pax. 13 e ss. Xeve en el siglo XVII.
[21] Pax.
248. La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media.
[22] Topónimo ben elocuente tratándose os
deuses dos camiños dunhas divindades relacionadas co Máis Alá
[23] Sobre este castro edificóuse a Capela de
San Antón.
[23b] Pax. 311. Corpus de Inscripcións Romanas T.II. Poñía; NOS v(otum) s(olvit), desaparecida, é posible que poida estar encastrada nas paredes da capela.
[23b] Pax. 311. Corpus de Inscripcións Romanas T.II. Poñía; NOS v(otum) s(olvit), desaparecida, é posible que poida estar encastrada nas paredes da capela.
[24] Pax. 39 - 44. Xeve en el siglo XVII
[25] Pax. 266. Del Cantábrico al Duero.
Bibliografía
* MIRCEA ILEADE. Historia de las
creencias y de las ideas religiosas, Ediciones Paidós Ibérica. Barcelona, 1999
* MANFRED LURKER. Diccionario de
Diosas y Dioses, Diablos y Demonios, Editorial Paidós, Barcelona, 1999.
* BERMEJO BARRERA, J.C. Mitología y mitos de la Hispania
Prerromana II. Editorial Akal, Madrid, 1986.
* BERMEJO
BARRERA, J.C. Sociedade e
Relixión na Galicia Antiga, Editorial Lóstrego, Santiago de Compostela, 2008.
* REBOREDO TAJES,
M. A cultura castrexa na bacía do Lérez- Almonfrei. Documento pdf na rede.
* PORTELA
FILGUEIRAS, M.I. Los dioses lares en la Hispania Romana. Instituto Español de
Arqueología. C.S.I.C.
* PXOUM do Concellode Pontevedra, Consultora Galega, 2007.
* FRANCO MASIDE,
R.M. Lares Viales na provincia da Coruña, Revista Gallaecia, nº 21. Santiago de
Compostela, 2002.
* GÓMEZ VILA, J.
Dedicatorias a los Lares Viales en la provincia de Lugo, Revista Gallaecia, nº
23, Santiago de Compostela, 2004.
* MARTÍN SEIJO,
M. e ARMADA PITA, X.L. Nueva inscripción a los Lares Viales prodedente de
Somede, Revista Gallaecia, nº 24, Santiago de Compostela, 2005.
* LÓPEZ ALSINA,
F. Del Cantábrico al Duero. Trece estudios sobre organización social del
espacio en los s. VIII a XIII. Parroquias
y diócesis: el obispado de Santiago de Compostela.. Universidad de Cantábria,
1999.
* LÓPEZ ALSINA, F.
La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media. Consorcio de
Santiago-USC, Santiago de Compostela. 2013.
* FERREIRA PRIEGE, E. Los caminos medievales de Galicia, Boletín Avriense, Museo Provincial de Ourense, Ourense, 1988.
* FERREIRA PRIEGE, E. Los caminos medievales de Galicia, Boletín Avriense, Museo Provincial de Ourense, Ourense, 1988.
* SANDE LADO, H. Xeve en el siglo XVII. Edición
de Heminio Sande Lado, Pontevedra, 2010.
*
FILGUEIRA, J. e D´OS, A. Inscripciones Romanas de Galicia Tomo III, Museo de
Pontevedra, Santiago de Compostela, 1955.
*
ALMAGRO-GORDEA, M. El "Canto de los Responsos" de Ullaca (Ávila): un
rito celta del Más Allá. Revista de Ciencias de las religiones, Universidad
Complutense de Madrid, 2006.
* BAÑOS
RODRÍGUEZ, G, Corpus de Inscripcións romanas de Galicia, II, Consello de
Cultura Galega, Santiago, 1994.
* RODRÍGUEZ
CASTELAO, A.D.M. As Cruces de Pedra na Galiza, Editorial Galaxia, Santiago de
Compostela, 1984.
* GONZÁLEZ
PÉREZ, CL. As festas cíclicas do ano, Museo do Pobo Galego, Santiago de
Compostela, 1991.
* http://toponimia.pontevedra.eu
* http://gmh.consellodacultura.org/nc/catalogo/
* http://toponimia.pontevedra.eu
* http://gmh.consellodacultura.org/nc/catalogo/