Brandeso -parroquia de Arzúa- coñecida no mundo enteiro polo seu pazo escenario da magnífica obra de Valle-Inclán; Sonata de Otoño. Veciña de Dombodán e Branzá, tenvos unha etimoloxía ben interesante;
May no seu estudio sobre os galos irredutibles apúntanos o seguinte:
Sabemos que
Bran –xunto coas súas derivacións lingüísticas-
é o nome máis común entre os grandes reis celtas; tal vez todos se remonten a un antiquísimo arquetipo común desdobrado máis tarde segundo os particularismos de cada rexión europea. Así aparecen:
Bran o Bendito nos relatos galeses;
Bran Mac Faibal e San Brandan ou Borondon en Irlanda;
Bron, o Rei Pescador dos mitos ingleses.., quizais o
Breogán galaico
[1]tamén estea relacionado con este grupo. E, por suposto, entre os galos…:
Bran, Breo, Brannos ou
Breno, chamado
Brennus polos romanos, foi o máis grande dos xefes galos, no 387 a. C. toma Roma
[2].
Arredor de 279 a. C., un grupo de galos que participaron no saqueo da grega Delfos e despois do suicidio de
Brennus (
outro Brennus, claro) estableceuse en Asia Menor e fundou o reino dos Gálatas
[3].
O nome de Bran, Brannos, adquirirá para os pobos célticos e os seus veciños xermanos un carácter mítico e divino, dando nome a cidades e pobos:
Brannovices, um. : Pobo da Galia Céltica que formaba unha rama do pobo Aulerci, asentados ás beiras do río Loira, o que os romanos chamarán posteriormente a Provincia da
Gallia Lugdunensis (tamén chamada Galia Céltica) con capital en
Lugdunum– Fortaleza de Lug-(Lyón). Temos noticias deles a través de Xulio Cesar na súa obra A guerra das Galias (
De Bello Gallico, II, 34). (s. I a.C.).
Brancus, i. : Rei dos alóbroges, pobo céltico do entorno de
Lugdunum. Citado por Tito Livio s. I a.C. – I d. C..
Brannodunum, i. : Cidade da
Britania (Inglaterra) que estaba situada na beira do Océano Xermánico (Mar do Norte) cerca do estuario Wash cara o lugar que ocupa hoxe a actual Hunstanton. Vén nomeada no
Nottitia Dignitatum do s. 5 d.C..
Brannacum, i. : Cidade da Galia Belga, hoxe Braisnos, cerca de Soissons.
Gregorio de Tours (538-594).
[4]
O mito empaparía o nome de
Bran dun carácter divino e máxico, que o acompañará durante séculos e deixará a súa pegada na toponimia, e como veremos no misticismo cristián.
Brandéum, i. :. Especie de cinturón ou faixa para envolver as reliquias
[5], fálanos del o papa Gregorio o Grande ( 590-604). A súa tradución parece indicarnos unha antiquísima fórmula para ofrecer exvotos ou ofrendas.
Brandeum en latín significa; A Bran Deus. Brandeum sería a palabra utilizada para ofrecer o exvoto ao deus Bran, hai que recordar que Bran é a divindade dos camiños, é a divindade que protexe aos mortos e aos vivos na súa viaxe cara o Outro Mundo, co tempo esta fórmula seguiría sendo utilizada polos mesmos druídas, xa convertidos en sacerdotes cristiáns da nova relixión, como sabemos o cristianismo adaptará moitos dos ritos pagáns.
Os druídas ou sacerdotes das culturas célticas non deixaron nada escrito, os seus coñecementos eran transmitidos oralmente, iso dificulta a interpretación de símbolos e rituais pagáns. Na Gallaecia pese á falta de testemuñas documentais e arqueolóxicas é evidente que tiveron que existir uns sacerdotes que dirixiran os ritos votivos aos diferentes deuses pagáns.
Casimiro Torres na súa obra
Galicia Sueva, considera as
brándeas coma lenzos ou panos que foron colocados sobre a tumba dun santo, son referidas por Gregorio de Tou
rs (538-594) no
Gregorii Turonensis Episcopi de Miraculis Sancti Martini, I, 11, en M.G.H. Scriptores Rerum Merovingicarum, II, p. 594-596, cando relata un milagre acontecido ao fillo de
Kharrarico,
Rei de Galicia …, grazas ás
brándeas (
brandeum, i) colocadas sobre a tumba de San Martín de Tours, o fillo de do rei suevo sanda dunha mortal enfermidade, as
brándeas esa noite, ademais,dobraran o seu peso
[6].
Non obstante
Ángela Muñoz, amplíanos o significado das
brandeas a
calquera obxecto que estivo en contacto con algún santo; fragmentos de tela, aceite das lámpadas que ardían nos sepulcros ou fragmentos de area ou pedra das tumbas. Eran os exvotos aos que aínda no noso pais galego os devotos dos santos son tan afeccionados
[7].
O santo ou santa que venceu á natureza no seu espírito e no seu corpo pode tamén dominala, protexer ás xentes e animais dos perigos, curar a enfermidade e ata superar a morte física operando a resurrección dos mortos[8].
É a mesma función contraditoria que as lendas e os mitos célticos lle outorgan a Bran;
Bran, o mesmo que Lugh,(…). A súa figura está en consonancia coa natureza contraditoria propia dos personaxes conectados co Máis Alá, onde o pasado convértese en Futuro; a vida e a morte entrelázanse unha coa outra e onde se atopa a Se de tódalas artes e da Sabiduría e Verdade definitivas[9].
En definitiva, as brandeas, esas reliquias ou exvotos que estiveron en contacto coa divindade na relixión pagán ou co santo na relixión cristián, transfiren o poder máxico da divindade ou santidade ao devoto ou ofrecido.
Coa
oficialidade do cristianismo, os druídas serán os primeiros en se converter a sacerdotes cristián
s, os ritos pagáns serán reconducidos, os deuses converteranse en santos. A modo de exemplo; En
Lugdunum realizábase unha gran festa de tres noites para Lugh, foi reemprazada polo festival de Saint Laurent (San Lourenzo), tamén de tres días (dende o 10 de agosto). O nome de Lourenzo proven do latin, laurus, loureiro. Tamén é o nome popular do Sol.
San Lourenzo segundo algúns autores é o preferido da Igrexa Católica para substituír ao deus Lugh e por extensión a Bran.
San Lourenzo, por certo, é o patrón de
Brántega (Agolada) e tamén de
Brandeso, se indagamos no significado da palabra
brandeso, atopámonos que, segundo o Diccionario Enciclopédico de Eladio González,
brandeso significa; rama, póla. O historiador Varea y Aguiar aporta o significaría de
ramo.
O ofrecemento ou a entrega dun ramo coma signo de admiración ás divindades era un feito común nos pobos antigos dende os gregos ata os xermanos, eran ramas ou pequenas árbores das que pendían tortas, panecillos e doces portados por virxes para pedirlle aos deuses o coidado da terra e a colleita, na nosa terra os maios son unha mostra ancestral destes ritos, tamén era un símbolo de transferencia de poder para celtas, romanos e xermanos.
Na mitoloxía irlandesa son varias as referencias ás ramas máxicas;
· A Bran o Mariño se lle aparece
unha muller portando unha rama de árbore, a misteriosa dama profetízalle o nacemento de Cristo, na busca do Gran Señor atoparán tres paraísos célticos, O Chan do Pracer, A Illa do Balbordo, e A Illa das Mulleres
[10].
· Na serie do Linaxe de Conn, no relato de Cormac, neto de Conn, aparéceselle un guerreiro do País da Promesa (O Outro Mundo) que
porta unha rama máxica da que penden tres mazás de ouro(...),
o guerreiro promete entregarlle a rama para asegurarlle o poder e dominio da illa se a cambio Cormac xura satisfacer tres desexos…
[11]
En
Asturias, as ofrendas de ramos , aínda seguen en vixencia; La fiesta de los Ramos de Pendueles, Concejo de Llanes, La Fiesta de los Ramos de Villanueva, Concejo de Santo Adriano e La Fiesta de los Ramos no Santuario da Virgen del Acebo. Concejo de Cangas de Narcea, son as máis sonadas.
Máis na
Galicia temos unha tradición que se perde nos tempos;
A do
ramista, veciño encargado de organizar e costear a festa tradicional da parroquia. A tradición aínda permanece intacta en moitas parroquias galegas. Un exemplo:
En Almofrei ( Cotobade, Pontevedra) nas
festas na honra de San Lourenzo (o patrón) e San Roque, os días 10 e 11 de agosto, ten lugar
a Procesión do Ramo. O último día da festa, pola mañá, unha banda de música pon as notas musicais detrás do cura que segue ao ramista (porta o
ramo; unha rama de oliveira da que colga pan, rosquillas, mazás, limóns e ata viño) e demais membros da comisión de festas, ramistas tamén, recorrendo os diversos lugares da parroquia, dan tres voltas ao adro da igrexa esperando que alguén se ofreza a portar o ramo, se ninguén o recolle, pousase ao pe do carballo que hai a carón do cruceiro do adro da igrexa. Se alguén colle o ramo, seralle outorgada a honra de facer a festa do ano que ben. Parece ser que, hoxe en día, non hai maneira de que alguén recolla o ramo . Dende aquí, moita forza para os ramistas de Almofrei.
Salvando o paso do tempo -e o seu xeito profano-, este tipo de procesións realizábanas as tribos xermanas nas festas aos deuses e na transferencia de poder entre reis
[12]. No mito irlandés de
Cormac, o guerreiro do País da Promesa ofrece a rama máxica para asegurarlle o poder da illa a
Cormac. O ramo é un instrumento máxico de poder.
Outro ramo famoso é o
Ramo da Romaxe,
o ramo que traen os romeiros ás súas casas logo de facer a “oferta” a algún dos santuarios populares de Galicia, para facer ver que cumpriron o voto feito. O ramo de San André de Teixido era o máis sonado, estaba formado dunha vara larga de abeleira en cuio extremo superior ataban con varias cintas ornamentais ramas de toxo, colgando delas metálicas efixies e medallas do santo, e algunhas roscas e rosquillas de pan[13]. Os ritos no entorno do santuario de San Andrés de Teixido son un capítulo aparte, aló temos a Fonte do Santo (con tres canos) onde se realiza o rito de tirar o pan na fonte, rito condenado por San
Martiño de Dumio no século VI.
Do poder máxico e de comunicación coa morte das ramas ou ramos temos varios exemplos na nosa cultura. En Aldán cando un neno leva varios días na agonia van buscar ao padriño ou madriña para
botar auga (do Luns de Pascua) cun ramiño de oliveira pola cama do anxeliño, dicindo: “Que deus che leve á Gloria”
[14]. Tamén é costume que unha muller bote
auga bendita con folla de loureiro ou con ramiño de oliveira por riba e por baixo da cama pola almofada e polos pes do leito, por toda a habitación e moi especialmente polos recantos, nun proceso de auxilio ao moribundo para axudar a ben morir, para recomendar a alma ou para guiala
[15]. Recordemos que no
Ritual contra o mal do aire de Cee son as ramas de loureiro as que encamiñan ao morto a deixar o corpo do vivo.
Os brandesos serían, entón, eses ramos ou ramas máxicas de loureiro ou de oliveira utilizados polos xefes e druídas para os seus ritos de transferencia de poder e de comunicación co deus Bran. Estes ritos é posible que tiveran como escenario as fontes de augas máxicas ou os ríos, a póla feiticeira faría de transmisora do poder sobrenatural das augas máxicas. Na comarca de Arzúa temos varias
Fontes Santas; a da veciña Fonte Santa de Lema, a Fonte Santa de Sta. Irene e a de Lardeiros no Pino e a Fonte Santa de Brandelos en Touro. Curioso, tamén Brandelos á beira do río Brandelos, onde se facía unha sonada romaría.
Ata sempre e bo proveito. anosahistoria1@gmail.com
Por certo, hoxe, logo de 7 anos, non esquecemos;
Nunca Máis.
Nota: Ver Bibliografía no artigo anterior.
[1] Andrés Pena Graña e Alfredo Erias relacionan a Breogán co Deus BeroBreo de Donón. Anuario Brigantino 2006, nº 29, pax. 28
[2] Historia de Roma, Tito Livio
[3] Pax. 57, Los Mitos Celtas. Pedro Pablo G. May.
[4] Diccionario Latino-español Ramón Sopena, S.A. Madrid. MCMLXXXV
[5] Diccionario Latino-español Ramón Sopena, S.A. Madrid. MCMLXXXV
[6] Pax. 198-199 El reino de los suevos. Casimiro Torres Rodríguez. Fundación Barrié de la Maza
[7] Pax. 291 -295. La religiosidad popular en Galicia. El municipio de Arzúa. Eduardo Cacheda Vigide
[8] Pax.4 Las peregrinaciones y el culto a las reliquias, Boletín del Museo Arqueológico Nacional. Ángela Muñoz
[9] Pax. 184 Cultos y divinidades de la Galicia prerromana. Joaquín Caridad Arias.
[10] Pax. 18. Los Mitos Celtas. Pedro Pablo G. May
[11] Pax. 32-33. Los Mitos Celtas. Pedro Pablo G. May
[12] Pax. 112. Los Mitos Germánicos. Enrique Bernárdez
[13] Pax. 228-229. Diccionario Enciclopédico, Tomo III, de Eladio Rodríguez González
[14] Pax. 114-115. De la estación del amor al diálogo con la muerte. Carmelo Lisón Tolosana.
[15] Pax. 115. De la estación del amor al diálogo con la muerte. Carmelo Lisón Tolosana