Estela Micenas 1550-1500 a.C.
Os símbolos solares son uns elementos comúns nas culturas antigas, e sobre todo nas indoeuropeas.
Dende os inicios da Idade de Bronce os trisqueles, as rosáceas ou rosetas, as cruces inscritas nun círculo (cruz de Bran), as espirais,.. aparecen nas culturas antigas dos pobos indoeuropeos dende a India ata os Balcáns, dende centro Europa ao Mediterraneo, os hindús, os escitas,a cultura micénica, os cretenses, os celtas, e logo os romanos, etc..., téñenos como referentes artísticos nalgúns contactos divinos.
Mais, serán os celtas o pobo que os converterá nun signo de identidade. Pese a que non hai unanimidade sobre o significado destes símbolos, hai consenso en consideralos símbolos astrais de comunicación coas divindades, neste caso célticas.
Antes de continuar, temos que deixar claro que a cultura castrexa é unha cultura que se fixo así mesma durante séculos e séculos. Comeza sobre os X a.C..[1].
A simboloxía cósmica da arte castrexa é abundantísima; o típico trisquel, as esvásticas e as rosetas de Castro Santa Trega, de Castromao, de Armea, etc.., coidamos que son todas variacións artísticas do mesmo tema; a Roda Solar, o camiñar diario do deus Sol cara o seu solpor, no mar, onde se atopa a outra morada dos celtas despois desta vida.

Rosetas do Castro de Armea (Allariz). Fc. Calo Lourido
A chamada cruz solar de catro aspas, sería o símbolo máis sinxelo do Sol, en Galicia hai exemplos destas cruces no petrogrifo de Adai preto da posible estación Santuaria de Pedra Fita con 17 cruces inscritas da Idade de Ferro.[1]No Santuario do Castro de Donón (Hío, Cangas) entre as 172 aras votivas atopadas, tamén apareceron varias aras votivas coa cruz de Bran. Non debemos esquecer, maila todo, que o deus Lug é o Luminoso, o deus do Sol, recordemos que Lug e Bran poden ser dous aspectos distintos dun mesmo personaxe do mito base . Aras do Monte Facho en DonónAs rosetas de seis puntas que son unha constante en numerosos castros, (entre os que destaca o Castro de Armea[2]), son consideradas a máis fiel representación do Sol. As rosetas aparécesenos, tamén, nas numerosísimas estelas funerarias galaico-romanas adicadas aos Deuses Manes (Deuses dos Mortos) espalladas por toda Galicia; Vigo, Iria Flavia, Pontedeume, Brandomil,..dos séculos II-III d.C..
Ara aos Deus Manes, San Pedro de Vilar (Pontedeume)[8] |
Ara ao DEO INVICTO SOL, Museo da Catedral de Compostela[9] |
Os coñecidísimos crismóns[3] carácteristicos do norte da Hispania dos que temos na Galicia un exemplo no Crismón de Quiroga do s. V, son os primeiros símbolos cristianos.
Crismón de Quiroga |
Ara ao Deus Sol,de Meijinhos, Lamego, Viseu, Portugal |
Exemplos de crismóns; sarcófagos nº 171 e 164 do Museo Laterano (metade século IV),[4] Sarcófago de Infante (Istambul) (principios século V) onde se aprecia esquematicamente o símbolo solar entre dous anxos[5]. Pese a todo as rosetas solares célticas seguirán aparecendo nas nosas igrexas románicas (Vilar de Donas, Lérez, ..)
A Cruz celta foi creada por St. Patrick, patrón de Irlanda (386-493), quen, no seu intento de conxugar as crenzas druídicas coa nova relixión cristiá, dotou á cruz dun símbolo celta por excelencia: o sol, o símbolo do deus Bran, neste caso o círculo solar rodea a cruz. Xugos da Terra de Melide
Na nosa comarca non se descubriron rosetas nin trísceles, mais é máis que posible que foran labrados en madeira, material moi utilizado, tanto polos celtas coma polos xermanos para as súas representacións artísticas (as representacións en pedra da Gallaecia Bracaense ao sur, débense sen dúbida á influencia da administración romana) , as rosetas foron recollidas, nos anos trinta, dos xugos dos carros de vacas no traballo de campo do grupo do SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, Terra de Melide, Arte Popular por Vicente Risco[6], o máis fermoso, a dicir de Risco, é o nº149; feito por un rapaz novo fillo do dono , que non ten o oficio de carpinteiro. En verdade chama a atención a calidade destes xugos decorativos, pero sobre todo, amósanos unha arte popular que sen dúbida vén de xeracións e xeracións, ver: http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?t=173 .
Mais, quédanos para outra tratar a posible orixe etimolóxica de Branza, Brandeso,....
Ata sempre e bo proveito. anosahistoria1@gmail.com
Bibliografía
SAINERO, R. Los orígenes celtas del reino de Brigantia. Abada Editores, Madrid, 2009.
BERMEJO BARRERA, J. C. Sociedade e Relixión na Galicia Antiga. Edición Lóstrego, Santiago, 2008.
BRAÑASABAD, R. Deuses, heroes e lugares sagrados. Edicións Sotelo Blanco, Santiago, 2000.
REVISTA LAROUCO Nº4, Grupo Arqueolóxico Larouco, Bande, Ourense. 2008.
SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS. Terra de Melide. Edicios do Castro, Sada, A Coruña, 1978.
CALO LOURIDO, FCO. A Plástica da Cultura Castrexa Galego- Portuguesa. Fundación Barrié de la Maza, A Coruña, 1994.
CARIDAD ARIAS, J. Cultos y divinidades de la Galicia prerromana a través de la toponímia. A Coruña, Fundación Pedro Barrie de la Maza, 1999.
ARES GÜIMIL, T. VILA GONZÁLEZ, MªX. Guía de balnearios e fontes de Galicia. Vigo, Ed. Galaxia, 1996.
GARCÍA QUINTELA, M.V. Soberanía e santuarios na Galicia castrexa., Editorial Toxosoutos, Noia, 2006.
GONZÁLEZ SOUTELO,S. As augas mineromedicinais en época prerromana e romana na provincia de Pontevedra, X Premio de Investigación 2005 Xesús Ferro Couselo. Concello de Valga, 2005.
CACHEDA VIGIDE, E.A. La religiosidad popular en Galicia. El municipio de Arzúa. Santiago, Concello de Arzúa, 1991.
CARIDAD ARIAS, j. Toponímia céltica de Galicia, Deputación Provincial de Lugo. Lugo, 2006.
BALBOA SALGADO, A. A Galicia Celta, Edicións Lóstrego. Santiago de Compostela, 2007.
ANNE ROSS. Druídas, Toxosoutos. Noia, 2004.
GARCÍA Y BELLIDO, A. Arte Romano, CSIC. Madrid, 2004.
VAQUEIRO, V. Guía da Galiza Máxica, Editorial Galaxia, Vigo, 1998.
MARIÑO PAZ, R. Historia da lingua galega. Sotelo Blanco Edicións, Santiago, 1998.
PEREIRA MENAUT, G. Corpus de Inscripcións Romanas de Galicia T. I, Consello de Cultura Galega, Santiago, 1991.
[1] Pax. 185 Soberanía e Santuarios na Galicia castrexa[2] Pax. 104 A Plástica da Cultura Castrexa.[3] www.claustro.com/Crismones/Webpages/Catalogo_crismon.htm [4] Pax. 756, ss. Arte Romano[5] Pax. 766 Arte Romano[6] Pax.418 Terra de Melide
[1] Pax. 213 ss. Los orígenes celtas del reino de Brigantia. [8] Pax. 165. Corpus de Inscripcións Romanas, atópase no Museo Arqueolóxico da Coruña. [9]Sen datos sobre a súa procedencia, no 1902 atopábase no Museo de Amigos do País, en 1909 formou parte da Exposición Arqueolóxica de Santiago. Pax. 213. Corpus de Inscripcións Romanas.
Xugos da Terra de Melide |

Ningún comentario:
Publicar un comentario