Casa Grande de Cima de Vila (Casa de Baltasar) |
Maroxo é unha parroquia localizada no sur do Concello de Arzúa (A
Coruña), o seu nome vén do topónimo medieval Marogio derivado do nome greco-romano Maro[1]
(na Roma imperial era un cognomen[2] moi
común, o famoso poeta dos inicios do imperio romano Virxilio era coñecido como Publius Vergilius Maro) e o sufixo -gio, unha terminación recorrente
para moitos nomes na Alta Idade Media en Galicia coma; Guntigio - Guntigia, Eldigio – Eldigia,
Ermigio, Erbigio, Pelagio (Paio), a veciña Perogia (Peroxa)…..
As primeiras referencias escritas sobre Maroxo
datan do ano 1025. Trátase de dous documentos, escritos en latín e
complementarios entre si, extraídos do pergamiño 17 da Colección de pergamiños do Arquivo Histórico
Universitario de Santiago de Compostela; un de doazón da Villae de Marogio [3] aos frades de Ante
Altaris (Mosteiro de San Paio de Antealtares de Compostela, daquela
baixo advocación de San Pedro) polos domini (señores, nobres) Suarius Ruderiquic[4] e Geloira [5] Ranimiriç (Suero Rodríguez e Elvira Ramírez), e outro que trata do
inventario das persoas que habitaban os casais ou lugares de dita villa:
(….)agora
estamos con Suero Rodríguez e Elvira, para obter unha clara, breve e completa
relación territorial para non faltar á lei, aceptando de boa gana en sans
condicións mentais a villa, chamada Maroxo, que está en territorio de Aveancos[6], do interior e o exterior, dun lugar a outro, con
todas as súas pertenzas e habitantes [7] (….)
Na Idade Media
a condición de servo era hereditaria, este non podía abandonar a terra sen o
permiso do seu señor. A diferenza principal dos habitantes ou servos das villas medievais con respecto a un escravo consistía en que, en xeral, non podía ser vendido ou
separado da terra que traballaba. Por iso os señores de Maroxo fai o inventario
dos homes na doazón ao Mosteiro de Antealtares.
Previamente
dicir que o concepto de villa na Idade Media nada ten que ver co
da actual vila urbana. As vilas medievais deben o seu nome ás villae de época romana (s. II-IV d.C.)
que inzaron a Gallaecia.
Orixinariamente tratábanse de explotacións rurais illadas pertencentes a
grandes propietarios relacionados, normalmente, coa administración imperial
romana[8], era unha vivenda rural
que coas súas edificacións subsidiarias formaban o centro dunha grande
propiedade agraria.
Mosteiro de Antealtares, Santiago de Compostela |
O documento
de doazón da villa–dominio[9] (villa entendida como
posesión territorial rural dun só posesor, dun nobre) de Marogio amosa unha precisa información sobre os lindes naturais da
antiga villa que corresponde, case
exactamente, cos lindes da actual parroquia[10];
…quem dicunt Isso (Río Iso) sub Porto
de Fratres (Coto do Torrente) et feret ad ark(as) (?) kovas de Geria (Minas romanas de Covas e Ventorrillo )et vadit directo ad illam mamulam, que stat super Villam de Vini (Mámoa que estaba
por riba da Vila do Viño (Viñós))(sancto)
/ Migahele et inde ad mamulam maiore (Mámoa do San Migueliño[11]) et feret in (?) as, quomodo dividit per kapanas natale et vadit ad fontano de Annito (Rego Anido) et feret ad (?) / que dividet de Ballokaneset (Balocás, Santiso).
Capela da Fonte Santa |
Os lindes da
villa medieval diferían lixeiramente da parroquia actual no leste, onde unha
mámoa –hoxe en día desaparecida- que se atopaba por riba da Villa de Vini (Viñós), a Fonte Santa e
as Kovas de Geria (as minas de Covas
e Ventorrillo) collían terreo a Brandeso e Viñós. No oeste a mámoa do San
Migueliño, a 300 metros do cartel indicador do límite de Vilantime, marcaba o
lindeiro que penetraba moi levemente na parroquia veciña.
Apunta López
Alsina[12] que o excepcional dos
documentos non é só que describe os lindeiros da villa, o que permite fixar a superficie en torno ás 650 Ha., senón
que ademais descompón o dominio en 11
casais[13],
curiosamente só un deses topónimos (nomes de lugar) consérvase hoxe en día, é o
relacionado coa milagreira Fonte Santa, onde aínda se atopa a súa capela
e, case enfronte, ten o magnífico Muíño da
Fonte Santa.
Pola súa
importancia, traducimos a continuación do latín ao galego o inventario da
propiedade cos seus servos. Para unha máis completa comprensión resaltamos en
trazo groso os nomes dos campesiños, en cursiva
e subliñado os nomes dos
casais. Os de orixe sueva[14]
en vermello, os latinos en azul, os célticos[15] en verde, os hebreos en amarelo e con nota ao pe de páxina o significado de
cada nome ou topónimo:
Nova dos homes que habitaban na Villa de Maroxo cando foi doada a Antealtares
Ano 1025
Coñecemento das persoas que viviron e
deron testemuño nos casais de Marogio, fixo o
reconto o señor dos que viñeran con el, estes son: Framilla[16] e Fram(ill?) / teñen
casal en Gresulfi[17]. Garedo
ten casal na Fonte Sacratam (Fonte
Santa). Tatane e Ermesinda[18] teñen casal en Quintanelas , Sandus[19] e Recesinda[20] teñen casal tamén en Quintanelis . Guillulfus[21] e Maria teñen
casal en Barrio[22]. Riquoi e Ragoy[23] teñen casal en Trucesindi[24]. Cendon[25] e Sintilo
teñen en Combarrio[26]. Trasulfo[27] ten casal en Sisvaldi[28]. Brandila[29] e Levegodo[30] teñen casal en La(¿).
Ladredo[31] e Argentina teñen
casal en Geicos. Vimaredo[32] e Argentina teñen
casal no mesmo sitio.
Pero o
extraordinario valor histórico destes documentos é que nos din cómo se chamaban
os lugares, os señores (que tiñan nome e apelido), os servos (que só tiñan nome
propio), a súa remota procedencia, cómo vivían, onde.... Moitos dos catorce
lugares actuais moi posiblemente corresponderíanse con aqueles once medievais.
Mapa dos topónimos xermánicos (suevos, godos e vándalos) na península ibérica extraído do libro; O comenzo da nosa Idade Media |
O primeiro que chama a atención é a supremacía
de nomes suevos, de 31 nomes entre topónimos e nomes propios que se
recollen no inventario, 15 son de orixe sueva, 7 de orixe latina e 3 de orixe céltica. Este
dato resalta moi claramente o que aconteceu
no pasado da comarca de Arzúa e na de Maroxo particularmente. Nese ano
de 1025 os nomes suevos reflicten un pasado máis próximo que o romano e, por
suposto, bastante máis que o céltico.
Os Celtas
Trebas galaicas |
Os poboadores do castro pertencerían á treba dos Coporos que eran veciños da treba dos Celtigos Praesamarcos (celtas de embaixo do río Tambre). Controlarían os mesmos lindes que hoxe ten a parroquia dentro do prerromano Territorio de Aveancos.
Castro da Roda, Maroxo de Arriba |
Guerreiros galaicos |
No plano relixioso adorarían a varias divindades, entre elas as que moraban
na Fonte Santa, as que se adoraban no Santuariodo Viso e, sen dúbida, aos deuses Breo, Brenus, Breogán, Bran ou Bandue e Coso que probablemente tería o seu
santuario enfronte do castro, no entorno da igrexa, ao pe do camiño de Arzúa-Courium (Sardecoiro) . Baixo a protección de Bandue, os guerreiros xoves do castro
e dos castros veciños; Baiobre, Branzá, Brandeso, Dombodán, Vilantime…,
cabalgarían xuntos na procura de golpes de rapina en territorios máis afastados.
Pero a chegada das lexións romanas alterará para sempre a vida e cultura dos
habitantes do Castro de Maroxo.
Os romanos
Mapa As Vías Romanas de J.M. Caamaño Gesto. 1997 |
Via XIX e XX segundo Cesar González |
Cova de Remesil |
Coa chegada dos romanos á Gallaecia o modo de
vida da poboación indíxena cambia cos novos tempos, os castros que pola súa
situación estratéxica atopábanse en zonas altas vanse abandonando
paulatinamente e os seus habitantes ocupan os vales con enclaves abertos. Os vicus (aldeas romanas) e as villae[40]son agora o xeito de vida.
|
O Castro da
Roda en Maroxo de Arriba -o núcleo orixinal da parroquia de Maroxo- iría apagándose
paulatinamente, os seus habitantes castrexos, sexa pola actividade mineira da zona, polas levas das lexións romanas , polas necesidades de man escrava
da Villa de Maro ou por unha mellor
condición de vida abandonan as cabanas do castro.
Cohors III Lucensium no Arde Lucus |
A Villae de Maroxo, que se atoparíase no
mesmo lugar onde se encontra hoxe en día o Pazo
da Torre e a Casa Grande da Cima de
Vila[41] -a
propia denominación de Casa Grande da Cima de Vila indícanos que por alí estaría
a villae-, precisaría do ben máis
buscado polos romanos para a instalación das súas vivendas; a auga, o nome do
lugar onde se enclavan o Pazo da Torre e a Casa Grande de Cima de Vila; Fonte da Vila, amosa quen era o
manancial que proporcionaba a auga necesaria para a explotación.
Machados de bronce. Museo Quiñones, Vigo. |
Pedrafita diante da Casa Grande Cima de Vila ou Pazo dos Agra |
Os
estranxeiros romanos introducen o muíño romano, o arado romano, o plaustrum ou carro de vacas, as
construcións a dúas augas e a tella, o horreum (hórreo), as vías ou camiños de pedra, o
liño, o viño…. e, sobre todo, impoñen as leis romanas e a súa administración.
Os deuses
célticos pouco a pouco serán substituídos polos romanos; Coso por Marte, Lug
por Mercurio ou Apolo, Bandue polos Lares Viales, Hércules, Xano ou Mercurio, e
quen sabe, quizais na Fonte Santa andarían Arentía,
Edovio ou Convertina que cos romanos serían substituídas polas ninfas …
Os suevos
Emigración dos suevos |
O exército suevo está constituído por clans familiares que son vistos coma
unidades militares, territoriais e de asentamento[45]. A súa práctica
guerreira nos primeiros anos é o saqueo. Mais, os suevos son un pobo
basicamente agrícola e gandeiro e pasou a
tomar posesión dunhas terras mediante unha fórmula que debeu ser un
terzo ou a metade das mesmas[46].
A partir da sinatura do acordo de paz (431) entre a igrexa
galaica ( Hidacio), o Imperio Romano (Aecio) e o Reino Suevo (Hermerico),
fréanse as incursións depredatorias no interior da Gallaecia, os suevos
aséntanse no territorio galego e convértense en possessores, ocupando terras dos grandes
propietarios, abandonadas ou propiedades públicas, …sabemos que as terras do alto Sil
foran distritos mineiros na época romana e moi posiblemente terras fiscais do
Imperio, esa condición pública permitiría a súa transferencia aos monarcas
suevos. [47]
Os suevos chegaron pola autovía da época; a romana VIA XIX á
comarca de Arzúa e, seguindo
a lóxica de actuación no alto Sil, faríanse coa totalidade, a metade ou un
terzo das terras e minas dos galaicos-romanos da zona. O bronce e o ouro seguen
a considerarse minerais moi prezados para o exército e as clases podentes, son polo
tanto os primeiros obxectivos de botín de guerra, é lóxico que os clans suevos
se fagan co seu dominio.
Mapa Arzúa séculos I a. C. ao V d. C. |
Nos primeiros
anos do século V a actividade nas minas de Arzúa seguiría dando froitos para os novos propietarios. No
entorno da maltratada Cova de Tremedal
de Maroxo (hoxe oculta por toneladas de lixo) os arqueólogos constataron a
existencia dun asentamento de época medieval – moi posiblemente un dos casais
aos que se refire o documento-inventario de Maroxo- o que corroboraría a
actividade mineira na zona anos despois da chegada dos suevos.
Mapa de Europa s. V d.C. do libro O comenzo da nosa Idade Media |
Non sabemos
se as villae de Maro e Antemi pasarían a mans dos bárbaros do norte,
pero sabemos que un terzo dos casais nomeados no documento da Villa de Maroxo
tiñan nomes (hoxe desaparecidos) suevos.
A cantidade
de antropónimos (topónimos de nomes propios) suevos que aínda hoxe sobreviven no
concello de Arzúa testemuñan que as minas e o seu entorno en Dombodán (Gramil[48], Remesil[49], Gomesende[50],
Dombodán[51],
Brandariz[52]),
Rendal (Castromil[53],
Guldriz[54], Rendal[55])
e Viladavil (Friosende[56])
puideron ter propietarios xermánicos. Nas parroquias de San Estevo do Campo e
Dodro tamén temos exemplos de topónimo suevos como Ramil[57], Goimil[58],
Samil[59],
Rourís[60],
Bosende[61]…
Topónimos xermánicos (suevos, godos e vándados) na península ibérica |
O historiador
italiano Paulo Diacono (720-800) anotaba que no seu tempo aínda chamaban a
moitos lugares co nome de aqueles que os habitaban, aludindo concretamente aos
suevos[62], coma podemos ver, eses
nomes, en Arzúa, chegaron ata os nosos días.
Paulo Orosio
xa no 417 escribía;
…despois disto, os bárbaros, de continuo
aldraxados, converteron as súas espadas
en arados, e os romanos que subsisten trátanos como aliados e amigos, de
xeito que se atopan entre eles algúns que prefiren
vivir no medio dos bárbaros en pobre liberdade, a manter a preocupación dos
tributos entre romanos…
Corrobora
este texto o noso arado cuadrangular (a grade),
en uso ata ben entrado o século XX, trátase do arado que introduciron os suevos, é o arado dos países xermánicos. Non se
utilizou en ningún outro lugar fóra deses
países a non ser nas terras do reino suevo da Gallaecia.[63]
A grade galega foi introducida en Galicia polos suevos |
Os suevos
traerán tamén consigo os seus deuses; Wodan , equivalente ao Odín nórdico,
deus da clase guerreira, e Donar, o Thor vikingo, deus dos campesiños armados.
A época medieval dos documentos de Maroxo. O Rei de Galicia, O Conde de Aveancos e os Señores de Maroxo
Asina e confirma o documento de Maroxo,
entre outros, o futuro rei Vermudo III
(Veremundus[64] serenissimus princeps[65]), que tiña daquela 8 anos e
era neto do rei Vermudo II (Regnante
Veremudus rex in Galezia[66],
O Gotoso, 982-999) quen, coa axuda de nobreza galega, amotinárase contra o rei
Ramiro III de León sendo proclamado rei en
Santiago de Compostela no 982.
Vermudo fillo de Afonso e a súa sinatura no Tumbo A da Catedral de Santiago de Compostela |
O fillo de Vermudo II, Afonso V (Adefonsi Galicienssis regis[67], O Nobre, 999-1027), foi criado en Galicia polo conde, duque e
rexente galego, Menendus Gundesalviç (Menendo ou Mendo González), señor de Tui e Porto, fundador do Mosteiro de Guimeráns, parente de San Rosendo, emparentado cos reis de Galicia dende os tempos de Ordoño II, era ao mesmo tempo; Conde
de Aveancos, segundo texto do ano 1007 recollido no Tumbo A da Catedral
de Santiago e confirmado polo propio Rei Afonso V[68].
Vermudo III (O Mozo 1027-1037) era fillo de Afonso V, a súa nai
era Elvira Mendo, filla do propio Dux de
Galicia e Conde de Aveancos, Menendus Gundisaliu[69], titor do seu
pai e o seu outro avó.
Afonso V. Tumbo A |
Semenus Gundesalviç que tamén confirma o documento
de Maroxo seguramente é un descendente do Conde de Aveancos. Vermudo III pasará os primeiros anos de
reinado en Galicia, a maior parte en Santiago onde debeu asinar o documento
de Maroxo. Vermudo III morre na batalla de Tamarón o 4 de setembro de 1037 loitando contra
o conde de Castela, o futuro Fernando I, primeiro navarro rei de Galicia e León grazas ao seu casamento coa raíña Sancha irmá de Vermudo III.
Coma podemos ver eran anos convulsos, anos
de enfrontamentos da nobreza galega coa castelá e leonesa polo poder económico
e político. Anos onde o Condado de Castela loita contra o reino de Galicia pola
coroa galega.
Son os anos do desenvolvemento da cadea
feudo-vasalática,[70]das relacións de vasalaxe
da nobreza entre si e coa realeza, os señores de Maroxo débenlle obediencia ao
Conde de Aveancos e este ao rei. Segundo unha carta do ano 1007 recoñécese a
Mendo González como o grande
conde que posúe toda a terra de Galiza. O Condado de Aveancos, naqueles anos
dirixido polos fillos do Conde Mendo González, Diego e Ramiro, formaba parte pois
da cúspide do poder nobiliario en Galicia e tratábase coa realeza ao máis alto
nivel.
Crego, nobre e servo |
Suarius Ruderiquic e Geloira (non confundir con Rudericus e Geluira[71] irmán
e cuñada do Bispo Sisnando II de mediados do s. X) como señores e propietarios de terras e
homes da villa (agora xa medieval) de
Maroxo fan doazón aos monxes e monxas do mosteiro de Antealtares (daquela era
un mosteiro dúplice[72]) de toda a villa -con terras e homes- coa intención
de pasar os últimos días da súa existencia na compaña e coidados dos servos de
Cristo (os mosteiros eran as residencias de maiores de elite daquela época).
É moi
significativo que coma cláusula do contrato de doazón insistan e incidan no seu
desexo de doazón de tódolos bens da villa
ao Mosteiro de Antealtares baixo pena de; excomunigatus et segregatus cum Iuda Christi traditorem
aveant participationem in eterna
damnatio [73] a todo aquel que intente crebar a
vontade dos doantes. Esta fórmula é moi común nos documentos galegos de doazón
da época,[74]
debido á teima da nobreza familiar, laica ou eclesiástica por facerse cuns
poderosos bens que, ademais, lle soen caer lonxe aos agraciados.
Igrexa de Santa. María de Maroxo |
Por
experiencia e como grandes propietarios, Suarius
e Geloira xa se viran citados con
anterioridade en preitos sobre propiedades de terras. Nun documento do ano 1001 do Mosteiro de Sobrado dos
Monxes sobre un Concilia
(asemblea xudicial) en Pezobre(Santiso)
, tamén no Territorio Abeancos, Lucidus
Quiriaci quere facerse co control dunha parte da Villa Bidualdi en contra dos intereses do Mosteiro de Sobrado, Lucio indica que posúe un legado que outorgaba unha licenza que
tiña dos señores Rodericus e Geluira a través das súas propias
escrituras,[75]feito,
tamén, que nos dá unha idea do poder económico destes nobres na súa época.
Mais a cláusula do documento de Maroxo non foi moi efectiva. No ano 1089, sesenta e catro anos despois, un
edito do Rei Afonso VI (chamado polo
papa Urbano II; Regi Ildefonso Gallitia[76]) prohibe que se faga forza ao Mosteiro de
Antealtares no seu couto de Maroxo[77], proba
palpable de que ao mosteiro cústalle manter as súas propiedades de Maroxo. Este
é un documento importante, xa non se
considera a Maroxo coma unha villa
medieval, coa súa autonomía, agora trátase como un couto, un conxunto de
terras e aldeas que pertence ao territorio señorial do Mosteiro de Antealtares.
Maroxo de Arriba |
Poucos anos despois, no 1096,
outro documento indica que un clérigo en Santa María de Maroxo,
en Abeancos, recusa a un xuíz que coñecía o preito que viña mantendo con
Antealtares polo beneficio de Maroxo e outros bens[78]. Se se
nomea a Santa María de Maroxo e, se había beneficio eclesiástico, habería un
oficio que impartir, ou sexa que podemos deducir que nese ano xa había unha igrexa en Maroxo, seguramente de estilo
románico onde está a actual. Tamén deducimos que o clero secular tamén
intentaba rapinar bens da herdanza de Maroxo.
Amencer dende o Castro da Roda, Maroxo de Arriba |
Máis tarde, no 1149, aparecerá nomeada, nun documento de doazón, coma lindeiro da
granxa dos monxes de Sardecoiro, a hereditate
de Marogio. No mesmo documento recóllese o nome do camiño de Maroxo dende
Arzúa a Sardecoiro; per illa via de Marogio[79].
O couto de Maroxo é unha herdanza en mans dos monxes de Antealtares, son as
chamadas “mans mortas” tan difíciles
de manter no mundo feudal, polo que no ano 1194,
o rei Afonso VIII (Adefonsus
Dei Gratia Rex Legione et Galecie[80] ) toma baixo a súa protección o Mosteiro de
Antealtares para que ninguén cause dano aos seus bens, coutos e igrexas[81].
Ilustración Cantigas Afonso X |
Noutro documento do Mosteiro de Antealtares do ano 1295 xa se cita a igrexa de
Santa María de Maroxo, recollendo o nomeamento do clérigo Xoán Fernández
para dita parroquia[82].
Aínda no 1309 o mosteiro de Antealtares loita xudicialmente polos seus ben
de Maroxo; Sentenza ditada por un xuíz
pola que se dispón a adxudicación ao
Mosteiro de Antealtares do patronazgo e dezmos do terzo da igrexa de Santa
María de Maroxo.
As minas, as súas lendas e relatos de mouros
Cova de Remesil |
Na Cova de Remesil, nos primeiros anos do
s. XX, os veciños facían catas “afeccionadas”
para intentar extraer o bronce e ouro que os seus antepasados dicían que
contiñan.
Nos anos 40
do século vinte foi escenario dun triste suceso. Un veciño da zona que cometera
un asasinato na parroquia refuxiouse na Cova de Remesil, a garda civil soubo que
a nai do malfeitor leváballe comida á cova, polo que intentaron obrigalo a saír
do xacemento, pero a escuridade, as pozas de auga e a amplitude da mina xogaban
a favor do escapado. Logo de varios días sen novas del souberon que se pegara
un tiro coa escopeta de caza[83].
Cova do Ventorrillo |
A mina de Covas e Ventorrillo -que no
documento-inventario de Maroxo ten que tratarse das Kovas de Geria- tiña varias bocas de entrada. Por zonas ten
galerías onde se pode poñer de pe unha persoa o que da idea da importancia da veta
que debeu ter o xacemento. Na época da guerra civil, seica foi acubillo de
fuxidos ou guerrilleiros do bando republicano[84].
En Maroxo a principios
do século XX había un cura, Don José
Vellón Torrón- que seica preparaba un bebedizo con po de ouro, recollido no Pozo Negro, na Cova do
Tremedal ou na da Ponte das Taboas,[85]
para curar todo tipo de enfermidades, sobre todo, as dores estomacais. Esta práctica non era nada desatinada para a época, no século XIX,
tivo moita aceptación o po de estaño para curar afeccións estomacais, en concreto usábase para liquidar as lombrigas nos nenos, é moi posible que o cura José Vellón
tivese coñecemento disto.
Río Carracedo cara o Iso á altura da Fonte Santa |
Amencer na Mámoa do San Migueliño |
Tamén embaixo
da Mámoa do San Migueliño seica hai unha cova que ten unha trabe de alcatrán e outra de ouro e se se xuntan prodúcese unha
explosión enorme[88].
Cova Tremedal co acceso prohibido |
A Cova
de Tremedal, como diciamos arriba tivo que estar operativa ata entrada a
Idade Media, o asentamento medieval, seguramente un casal que se recolle no
texto de inventario, así o certifica.
María Vázquez, filla do último caseiro do Pazo da Torre, recorda que o seu avó levantábaos co abrente do día de San Xoán para ver bailar o Sol, dicíalles que a esas horas na Cova de Tremedal unha pita e os seus pitiños todos de ouro saían tamén á boca da mina para ver bailar o Sol. Na fermosa Lenda da Fonte de Casalete en Santa María de Arzúa fálase tamén dunha pita e os seus pitiños de ouro.
Continúa.....
e sobre todo: Ata sempre e bo proveito
Autor: Celso Alberte Magariños Costas
María Vázquez, filla do último caseiro do Pazo da Torre, recorda que o seu avó levantábaos co abrente do día de San Xoán para ver bailar o Sol, dicíalles que a esas horas na Cova de Tremedal unha pita e os seus pitiños todos de ouro saían tamén á boca da mina para ver bailar o Sol. Na fermosa Lenda da Fonte de Casalete en Santa María de Arzúa fálase tamén dunha pita e os seus pitiños de ouro.
Continúa.....
e sobre todo: Ata sempre e bo proveito
Autor: Celso Alberte Magariños Costas
[1] Pax. 68. Diccionario Etimolóxico da Língua Portuguesa, Tomo IV
[2] Nome
propio co que se coñecía á persoa
[3] Pax. 422. La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media
[4] O nome de orixe suevo Ruderiquic
que remata co sufixo riquic, ricus, de “RIKZ”, que significa rei. http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2133
[5] Nome suevo moi común só nos documentos do Mosteiro de Sobrado dos
Monxes. De “GELL” fermosa. Derivou no nome de Elvira.
[6] O territorio medieval de Aveancos
(topónimo céltico ) é unha demarcación xeográfica de orixe prerromana. A
parroquia de Santa María de Maroxo, a nivel eclesiástico, segue a pertencer á
Terra de Abeancos e está englobada no Arciprestazgo de
Abeancos da Diocese de Lugo. A nivel civil a parroquia pertence ao Concello de
Arzúa, provincia da Coruña.
[7] Pax. 423. La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media.
Traducido do latín polo autor.
[8] Pax. 176. El reino suevo
[9] Pax. 206. La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media
[11] Visitamos a mámoa con Ramón Bascoy, veciño do San Migueliño, el
contounos que a lenda di que debaixo da mámoa hai unha cova que ten dúas trabes
unha de ouro e outra de alcatrán e que se se xuntan prodúcese unha explosión e
arden.
[12] Pax. 212-213. La ciudad de Santiago en la Alta Edad Media.
[13] O casal era a vivenda e pendellos (xeralmente de madeira) máis unha pequena extensión de terra que tiña
o servo para a súa subsistencia.
[14] Aínda que o tradicional en moitos autores é tratar coma xermánicos os
nomes propios dos diferentes pobos que ocuparon a península ibérica, na
Gallaecia estivo asentado o pobo xermánico dos suevos, por iso trataremos os
seus nomes coma suevos, para máis información; Pax. 69 e ss. O comezo da nosa
Idade Media.
[15] https://frornarea.blogspot.com/2009/05/territorio-pestomarcos.html
[17] De “GRIS” terrible + “WULF” lobo http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2133
[18] De “ERMEN” Grande, magno, universal.
[19] De “SANTH”, auténtico, veraz http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2133
[20] De “REK”- “RIK”, poderoso,
rico
[21] De “WILIA” voluntarioso +
“WULF” lobo http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2133
[22] De “BAR” auga. Exemplos; Barbanza, Baroña, Baralla,.. e Bar e Trasbar
en Branzá (Arzúa)
[23]
De “RAGI + OI” Ragioy, Ragoy Conselleiro.
[24] De” TRUHT” Retén, exército, Tructesindus http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2133
[25] De “KIND”, Estirpe, progenie http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2133
[26] Do tema
*Camb e *Camp: "Curva" + “Bar” auga
[27] Trasuulfi: de Trasulfus (Thras + wulf) "Lobo
Combativo" http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2133
[28] De Sisualdus, con sufixo”
WALD” Poderoso, gobernante, rei http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2133
[29] De “BRAND”, espada es
masculino.
[30] De “LEOBE” amada + “GUT” deus http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2133
[31] De “LAT”, lameira http://toponimiafoz.blogspot.com/
[32] De “WIM” vencer, demoler http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2133
[33] De *Bad-yo-bris 'Castro Dourado' (PIE
*badyos 'amarelo, pardo', Oxford: 334) ou de *Bāg-yo-bris'Castro das
faias' (PIE *bhehaĝós 'faia', Oxford: 112), ou de *Bāg-yo-bris 'Castro
da Loita' (PIE *bhegh-, IEW: 115 e Falileyev s.v. bagos-). Cf.
Irlandês antigo bāg 'combate', buide 'dourado'. https://frornarea.blogspot.com/2011/12/brigs-e-briga-ii.html
[34] Información recollida de Urbana Agra do Pazo de Agra.
[35] Pax. 85. A vida cotiá na Galicia castrexa.
[39] Pax. 60. El reino suevo.
[40] Pax. 16. la villa por dentro
[41] Coñecida pola veciñanza como a Casa de Baltasar ou Pazo de Agra.
[42] Pax. 174 Do Imperio Romano á Alta Idade Media
[43] Pax. 173 e ss. Do Imperio Romano á Alta Idade Media
[44] Pax. 157. O comezo da nosa Idade Media
[45] Pax. 105. El reino suevo
[46] Pax. 72. O comezo da nosa Idade Media
[47] Pax. 156. El reino suevo.
[48] De Granamirus (Gran + mir). De “Gran” contra, cara a,
outra vez + “Mir” fama, renome. https://frornarea.blogspot.com/2008/11/proto-germnico-wira-contra-cara-outra.html
[49] De Remisilli (Remis + ildi). De “Remis”
paz, tranquilidad + “Hildjō” loita, combate. https://frornarea.blogspot.com/2008/11/proto-germnico-wira-contra-cara-outra.html
[50] De Gomesendus (Gum + swinth). De
“Gum”home, varón + “Swinth”
[52] De Brandericus (Brand + ric). De “Brand” espada + “Ric” rei.
[53] De Vistremirus (Wistr + mir). De
“Wistr” occidental + “Mir” fama, renome.
[54] De Guldericus (Wulth + ric) "Rey Glorioso"
[55] De Randarius (Rand + hari). De “Rand” escudo +
“Harji”exército.
[56] De Fredosendus (Fred + swinth) "Fortaleza de la
Paz"
[57] De Ranemirus (Rand + mir). De “Rand”
escudo + “Mir” fama, renome.
[58] De Gaudemirus (Gaud + mir).
[59] De Salamirus (Sal + mir). De “Salaz” casa, aposendo +
“Mir” fama, renome. https://frornarea.blogspot.com/2011/10/sa.html
[60] De Rodoricus (Rod + ric). De “Hroth” fama, renome +
“Ric” rei.
[61] De Badosindus (Bada + swinth): "Forza na
Batalla"
[62] Pax. 158. El reino suevo.
[63] Pax. 95. O comezo da nosa Idade Media.
[64] De Werimunduz, Protector dos
homes. De “weraz”, home + “munduz”, protección. https://frornarea.blogspot.com/2009/07/antroponimia-sueva-iii-de-v.html
[65] Pax. 423. La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media.
[66] Pax. 239. O Reino Medieval de Galicia.
[67] Pax. 234. O Reino medieval de Galicia.
[68] Pax. 143 e 144. Tumbo A Catedral de Santiago.
[69] Pax. 143 e 144. Tumbo A Catedral de Santiago.
[70] Pax. 321. O Reino medieval de Galicia.
[71] Pax. 234. Sisnando Obispo de Santiago http://www.annuariumsanctiiacobi.org/sites/annuariumsanctiiacobi.org/files/sisnando_menendez_obispo_de_santiago.pdf
[72] Pax. 36. Tomo 19. España Sagrada.
[73] “sexa
apartado e excomungado e reciba o castigo da eterna condenación con Xudas
traidor de Cristo”
[74] Pax. 234. Sisnando Obispo de Santiago http://www.annuariumsanctiiacobi.org/sites/annuariumsanctiiacobi.org/files/sisnando_menendez_obispo_de_santiago.pdf
[75] Pax. 167. Tumbo
Sobrado.
[76] Pax.230. O Reino Medieval de Galicia
[77] Pax. 532. Tomo I. Archivo San Martiño de Fora o Pinario
[78] Pax. 660. Tomo I. Archivo San Martiño de Fora o Pinario.
[79] Pax. 185. Tumbo Sobrado.
[80] Pax. 225. O Reino Medieval de Galicia.
[81] Pax. 538. Tomo I. Archivo San Martiño de Fora o Pinario
[82] Pax. 543. Tomo I. Archivo San Martiño de Fora o Pinario
[83] Información recollida de David Mato do Ventorrillo.
[84] Información recollida de David Mato do Ventorrillo.
[85] Información recollida na Casa de Jose Conde, Muiñeiro da Fonte Santa
en Viñós.
[86] Información recollida na Casa do Xordo, A Cal, Maroxo.
[87] Información recollida na Casa de José Conde, Muiñeiro da Fonte Santa
en Viñós, corroborada por David Mato do Ventorrillo.
[88] Información recollida na Casa de Bascoy no San Migueliño.
[89] Tamén coñecida como Casa Grande de Cimadevila, Pazo de Agra ou Casa de
Gumersindo.