Pedrafita menhir de Andavao camiño de Arentía |
Mais será Hermes o deus dos camiños máis documentado no occidente antigo. Coma condutor de almas cara o Máis Alá deixa aos defuntos na ribeira do infernal río Aqueronte, alí onde o barqueiro Caronte embárcaas cara o outro lado, o Alén. Por certo, outro río que leva ao Hades é o Lethes (Esquecemento), o mesmo que as tropas romanas identificaron co Limia en Ourense, e que se negaban a cruzar ás ordes de Bruto no 137 a.C..
Hermes de Pontedeume |
A estatua de Hermes (herma), habitualmente bifronte (pero tamén con tres ou catro caras) e con falo (símbolo da fertilidade que outorgaba a devotos e gando) levantábase protectora nas encrucilladas do mundo antigo, ao seu carón os camiñantes deitaban unha pedra na súa honra formando os montículos chamados na nosa terra amilladoiros.
Recordamos que un costume dos peregrinos de San André de Teixido -que ata hai poucos anos realizábase tamén no Camiño de Santiago- é deixar unha pedra en outeiros chamados amilladoiros (o topónimo de Milladoiro ten esa orixe) coma proba de fe da súa peregrinación.
Recordamos tamén as tres hermas atopadas, ata de agora, na nosa terra; a do Hermes cuadrifaz -catro caras- de Pontedeume e o Bifaz -dúas caras- de Amorín (Tomiño), por certo, na casa onde se atopaba poñíanlle unha vela coma se fora un santo, ou o Bifaz de dúas cabezas da Brea (Dornelas, Mos), que se atopa no
Museo de Pontevedra, considerada como un posible
Ianus. Tampouco debemos esquecer o Ídolo fálico do Castro de Elviña, nin a Figura antropomorfa fálica do Castro de Vilapedre (Concello de Sarria). Recordemos tamén as 35 aras dedicadas aos Lares Viales, deuses romanos dos camiños…, as aras adicadas ao deus Bandua (o deus que nos ligaba e axudaba na batalla coa súa maxia)[4]. Recordamos as lendas sobre o Máis Alá, os ritos, a antropoloxía social da nosa terra e chegamos á conclusión de que os deuses dos camiños levaban tendo conta dos indíxenas galaicos dende os inicios da historia. Mais sería máis antiga a súa presenza por estes lares?.
Deus Min |
Cada vez hai máis consenso entre autores ao conceder unha antigüidade cando menos neolítica ao rito de ofrecer unha pedra ao deus dos camiños. I é no Neolítico cando aparecen as primeiras manifestacións dos deuses dos camiños. En Exipto, Min, o deus dos camiños exipcio, considerado unha das deidades máis antigas de Exipto, era representado de pe co falo en erección e chamado "toro da súa nai", coma fecundador da deusa-ceo.
Na nosa Gallaecia, temos varios exemplos de figuras antropomorfas en pedra dende os anos 4000 aos 1000 a.C..
Nos últimos anos varios investigadores galegos e portugueses están a deitar luz sobre as chamadas estelas, ídolos ou estatuíñas con trazos humanos e estatuas-menhir con forma fálica.
Sobre os 4000-3000 a.C., os construtores dos dolmens colocan coidadosamente no seu interior unhas figuras de pedra cunha rudimentaria forma humana.
Estatuiña da Mina da Parbuxeira |
"Pola ubicación dos betilos e estatuíñas dentro da masa tumular, parece que foron colocadas alí para non ser vistas polos vivos e actuar, con toda seguridade, de un modo apotropaico[8], "…debemos interpretalas coma obxectos simbólicos de tipo relixioso, quizais como a representación simbólica da divindade neolítica dos mortos, cuio culto exténdese a partir do Neolítico todo ao largo da Fachada Atlántica e o Mediterraneo"[9]. Nesta Mámoa 2 é onde aparecen os vasos campaniformes clásicos (2700-2000 a. C.)[10].
Ídolos de Dombate |
Casos paralelos son os da estela antropomórfica de Paredes, Lugo, as estelas asturianas, e as do monumento megalítico de Ile Guennoc no Finisterre da Bretaña. Outra mostra destes ritos sagrados en relación coa morte son os 20 ídolos atopados no corredor do Dolmen de corredor de Dombate[11] (sobre os 3000 a.C.) marcando a entrada ao dolmen, á maneira das estatuíñas e ídolos de Parxubeira, igual quizais que os ídolos da Cova da Moura (Argalo. Noia), o ídoliño
de Consellos (Mos), os da Mámoa do Rei
de Cotorredondo (Vilaboa) - estes dous localizados no Museo de Pontevedra- ou do ídolo de Axeitos (Oleiros. Ribeira), parecen indicar os primeiros pasos do simbolismo dunha relixión onde unha divindade protexía a paz dos mortos.
Ídolo da Cova da Moura, Noia |
Os ídolos e estatuíñas do megalismo galaico parecen indicar unha función protectora relacionada coa morte.
Quizais, anos máis tarde, os construtores das mámoas vexan a necesidade de que as estatuas e ídolos salgan ao exterior, quizais esas divindades protectoras dos mortos (antepasados divinizados?) teñan tamén que axudar aos vivos descendestes destas; fóra, no entorno da mámoa, ou quizais os pobos do ámbito atlántico amosan unha nova forma de adoración, o caso é que; eríxense monumentos (xa de maior tamaño, pasan do metro de altura), normalmente a máis dunha trintena de metros das mámoas (tamén chamadas antas, dolmens..), en camiños ancestrais, nas súas encrucilladas, presidindo os vales, os montes, en moitos casos son punto de encontro e marcan o límite xeográfico de varios territorios..., son as famosas pedrafitas, os menhires, as estatuas menhir, algunhas cruces de pedra... aínda que esquecidos durante miles de anos (ata hai poucos anos semellaba que en Galicia só existía a Lapa de Gargantáns, Moraña) , hoxe en día, recentes estudios amosan a súa extraordinaria variedade e importancia.
Estatuíña da Mina da Parbuxeira |
Hai que ter en conta o significado sexual dos menhires, que está universalmente atestiguado en diferentes niveis culturais. Jeremias (2,27) fala dos que "din ao leño; "Ti es o meu pai" e á pedra; Ti concibíchesme". A crenza nos poderes fertilizantes dos menhires era frecuente aínda entre os campesiños europeos a comezos do século XX….[14].
Pedrafitas menhir sinalando a proximidade dunha agrupación de mámoas, facendo de marco de termo entre varios concellos ou parroquias son moitos na nosa terra, Ramón Boga, no seu extraordinario blog; Dolmenes, recolle polo miúdo unha boa mostra; a Pedrafita menhir da Fonte das Meigas en Sueiro, Culleredo , a Pedrafita menhir cruceiro do Cristo deMouraz , no Camiño dos Arrieiros (ancestral camiño vertebrador do interior galego coa costa que atravesa, dende A Pontes, as serras da Faladoira, Monte Caxado e A Coriscada ata Estaca de Bares), a Pedrafita menhir de Portonovo, Sedes, Narón ( no Camiño de Teixido) ou a Pedrafita menhir Marco do Vento no Monte Seixo de Cerdedo, duns 6 metros de alto, que se atopa a un 100 metros da máxica Portalén, son algúns deles.
Unha pedrafita que merece un capítulo aparte é o Marco de San Lourenzo que marca o límite de catro parroquias; San Salvador de Maniños e Santa Olaia de Limodre do concello de Fene e San Martiño do Porto e San Mamede de Laraxe do concello de Cabanas, esta pedrafita de 50 cm que segundo o Catastro de Ensenada, estivo dentro dunha capela, hoxe desaparecida con advocación a San Lourenzo é protagonista de diversos ritos relacionados co seu poder curativo e máxico, quita o mal de ollo, a envexa e todo tipo de enfermidades (hai testemuños na comarca, de nenos que recuperaron a fala grazas ao Marco), mais o realmente salientable son os complexos ritos que se deben realizar para a acadar o beneficio buscado, Eva Loureiro fai unha exhaustiva recompilación na Revista Cátedra.
Ídolos protexendo a entrada do Dolmen de Dombate |
Unha pedrafita que merece un capítulo aparte é o Marco de San Lourenzo que marca o límite de catro parroquias; San Salvador de Maniños e Santa Olaia de Limodre do concello de Fene e San Martiño do Porto e San Mamede de Laraxe do concello de Cabanas, esta pedrafita de 50 cm que segundo o Catastro de Ensenada, estivo dentro dunha capela, hoxe desaparecida con advocación a San Lourenzo é protagonista de diversos ritos relacionados co seu poder curativo e máxico, quita o mal de ollo, a envexa e todo tipo de enfermidades (hai testemuños na comarca, de nenos que recuperaron a fala grazas ao Marco), mais o realmente salientable son os complexos ritos que se deben realizar para a acadar o beneficio buscado, Eva Loureiro fai unha exhaustiva recompilación na Revista Cátedra.
Este rito relaciona o poder sobrenatural do inframundo que habita nas encrucilladas e o número máxico 9, coa curación dos males de ollo e demais feitizos. Garda certas semellanzas cos ritos da Comarca do Xallas e Cee,…
Estatuas menhir
Pedrafita menhir da Fonte das Meigas en Sueiro, Culleredo |
Estatua menhir de Vilar de Santos -do III ao II milenio a. C.- (agora no Museo de Ourense), atopábase ao pe da vía romana XVIII de Bracara a Asturica, os veciños recordan que se as vacas preñadas, cando pasaban á súa beira, refregábanse nela, era sinal dun bo nacemento. A Pedrafita menhir da Cruz do Campo, O Vicedo, semellante á de Vilar de Santos, tiña unha función curativa, os veciños ataban a ela o gando enfermo para que sandara, Xabier Moure rescatouna para nós, reconvertida en cruceiro (foille gravada unha cruz no peito a mediados do século XX), estivera chantada no antigo camiño real, estariamos ante outra estatua menhir.
Caso semellante é o da posible Estatua menhir do Cristo da Lagoa en San Miguel das Negradas, O Vicedo, tamén cunha cruz latina gravada no peito, ante el paraban os enterros, soterraban nonnatos e tamén adultos. Castelao na súa imperecedoira obra As Cruces de Pedra na Galiza de 1950, fálanos da posible adcripción prehistórica da Cruz de Buio, Viveiro, chamada popularmente, Pau da Vella, Castelao di; aparesceu soterrado até os brazos nun xacimento de turba, que se formou dispois da súa ereición; e supoñemos que a cruz é máis vella que o xacimento de turba[21], Ramón Boga tamén fai mención da súa posible orixe neolítica.
A Estatua menhir de Vilarinho de Samardâ (Vila Real, Portugal) a 50 km ao sur de Chaves, quizais da mesma era que a de Vilar de Santos, de maior tamaño que as anteriores, coa cabeza gravada e diferentes trazos na peza, parece indicar unha transición na estética das estatuas menhir.
Estatuas menhir con estola, datadas no Bronce Final entre os anos 2300-1500 a. C. :
Estatua menhir de Vilarinho de Samardâ |
Son estatuas-menhir que teñen en común unha vestimenta en forma subrectangular no seu reverso, dita vestimenta puidera tratarse dunha capa, manto ou estola, algunhas portan armas, están erixidas en antigas zonas de tránsito, todas apareceron nun radio de 80 km arredor de Chaves, Portugal.
Estatua-menhir de San Pedro de Muíño, Oimbra, Verín. Con forma antropomorfa fálica. Reutilizada no s. I d. C. coma estela, ten unha inscripción onde Celtiatus (de celtius, celta) dedícaa ao seu fillo Latronus . A peza de Oímbra indícanos algo máis, está dicíndonos que un indíxena galaico, con poder xerárquico, utiliza o latín para inscribir nunha escultura -que seguramente seguía tendo unha función funeraria e apotropaica-, unha dedicación ao seu fillo, qué mellor acompañamento ao máis alá.
Estatua-menhir de San Pedro de Muíño |
Tamén no norte de Portugal, na mesma área nun radio duns 80 kms ao redor de Chaves[26], zona que na Idade de Ferro estará ocupada polos pobos castrexos dos Bibali e os Turodi na Gallaeci Bracari temos as estatuas menhir de Chaves, Bouça, Faiôes, Atúdes e San Joâo de Ver[27].
Estatua-menhir do Tameirón |
Todas estas estatuas menhir dátanse no Bronce Final, todas apareceron en proximidades de cursos de auga, en zonas de fronteira entre áreas de forte contraste xeográfico e que, por tanto, serviron de zona de paso….Estas pezas poden interpretarse coma sinaladores de camiños [30].
Estatua menhir Cruz de Cepos 1. Foto de Pax. 191. Estelas e Estátuas-menires da Pré á Proto-história. Lara Bacelar Alves e Mário Reis |
Pax. 117. Estelas e Estátuas-menires da Pré á Proto-história. Domingos J. Cruz, André Tomás Santos. |
As recentemente atopadas Estatua menhir de Guerreiro de Pedra Alta, Castrelode Val (Ourense) e a de Vilar de Perdizes, Portugal[33] parecen un caso aparte, son dos anos 1200 ao 1000 a.C. pertencen ás estelas de guerreiro con escudo de escotadura en v e carro, típicas do suroeste ibérico, a da Pedra Alta marcaba unha ruta e a súa forma é antropomorfa (ten insinuados os brazos e pernas, dato pouco común nas do sur), denota unha adaptación ás formas galaicas. Estes monumentos -que se atopan a 20Km unha da outra e dentro do radio das Estatuas menhir de estola- amosan outra proba da importancia estratéxica da nosa terra na prehistoria, referendan que Galicia foi un lugar de comunicación entre as culturas mediterráneas e as Illas Británicas.
Estatua menhir de Castrelo do Val |
A modo de conclusión podemos dicir que as estatuíñas das mámoas na nosa terra foron gañando tamaño e terreo, esas divindades protectoras dos mortos parece que saíron ao exterior e colocáronse nos camiños protexendo as rutas das mámoas, serían o símbolo da protección divina no camiño da vida e da morte e por conseguinte símbolo da fertilidade, algunhas seguirían coa súa figura antropomorfa, outras tomarían a forma de estatuas menhir, estas, case todas, con forma fálica, unhas exhibindo armas, algunhas con brazos, outras sen eles, moitas con gravados, mais todas se colocaron en camiños de peregrinación, de ruta comerciais importantes ou no camiño ás minas.
Ainda que estes monumentos deberon albergar durante miles de anos as divindades protectoras dos camiños, na cultura castrexa, o deus dos camiños variaría a súa representación pétrea, a cabeza humana adquire protagonismo, nótase no Hermes de catro cabezas de Pontedeume, no Bifaz de Amorín, mais a súa función procreadora e sandadora continúa e observámolo no Ídolo fálico do Castro de Elviña e na Figura antropomorfa fálica do Castro de Vilapedre (Concello de Sarria), coa aculturación romana apareceran as aras dedicadas aos Lares Viales, ao Lar Bero Breo, ao deus Bandua, non obstante, na maioría das trebas castrexas é de supoñer que as Estatuas menhir seguirían albergando o seu poder ancestral.
Ara ao Deus Bandua, Eiras, San Amaro (Ourense) |
Ata sempre e bo proveito, Gonzo anosahistoria1@gmail.com
Este pequeno traballo realizouse contando coa axuda divulgativa e fotográfica dos blogues de Ramón Boga e Xavier Moure aos que agradecemos a súa desinteresada colaboración.
Bibliografía
GONZÁLEZ GARCÍA, F.J. Actas do Congresso Transfornteirico de Arqueologia. Revista Aquae Flaviae 41. Chaves, 2009.
http://www.academia.edu/397786/Fonte_J._2009_coord._Actas_do_Congresso_Transfronteirico_de_Arqueologia._Um_Patrimonio_sem_fronteiras._Revista_Aquae_Flaviae_41._Grupo_Cultural_Aquae_Flaviae_Chaves._ISSN_0871-4061
IV XORNADAS RAIANAS. Estelas e Estátuas-menires da Pré á Proto-história. Camara Municipal de Sabugal. Sabugal, 2011
MIRCEA ILEADE. Historia de las creencias y de las ideas religiosas, Ediciones Paidós Ibérica. Barcelona, 1999.
MONTEAGUDO GARCÍA, L. Menhires y marcos de Portugal y Galicia, Anuario Brigantino nº 26. Betanzos, 2003.
BOGA MOSCOSO, R. http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/
MOURE SALGADO, X. http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html
CALO LOURIDO, Fco. A Plástica da Cultura Castrexa Galego-Portuguesa, TomosI e I I. Fundación Barrié de la Maza. Pontevedra 1992.
GARCÍA FERNANDEZ-ABALAT, B. Guerra y religión en la Gallaecia y la Lusitania antiguas, Ediciós O Castro, Sada, 1990.
GARCÍA FERNANDEZ-ABALAT, B. Guerra y religión en la Gallaecia y la Lusitania antiguas, Ediciós O Castro, Sada, 1990.
[1] Pax. 133. Diccionario de Diosas y Dioses, Diablos y Demonios
[2] Pax. 354. Historia de las creencias y de las ideas religiosas. Tomo I.
[3] Pax. 770 e ss. KAHN-LYOTARD, L. Diccionario de mitologías.
[4] Pax. Guerra y religión en la Gallaecia y la Lusitania antiguas, Ediciós o Castro, Sada, 1990.
[5] O betilo é unha pedra sagrada chantada verticalmente que evoca unha divindade, o ídolo é a imaxe da divindade, xa sexa en pedra ou pintura. Basicamente son o mesmo concepto.
[6] Pax. 27 e 31 . La necrópolis megalítica de Parxubeira
[7] Pax. 30. La necrópolis megalítica de Parxubeira
[8] Dito dun rito, dun sacrificio, dunha fórmula...: Que, polo seu carácter máxico, crese que afasta o mal ou propicia o ben.
[9] Pax. 73. La necrópolis megalítica de Parxubeira
[10] Pax. 71. La necrópolis megalítica de Parxubeira
[11] http://ler.letras.up.pt/uploads/ficheiros/3810.pdf
[12] Pax. 11 http://www.academia.edu/397786/Fonte_J._2009_coord._Actas_do_Congresso_Transfronteirico_de_Arqueologia._Um_Patrimonio_sem_fronteiras._Revista_Aquae_Flaviae_41._Grupo_Cultural_Aquae_Flaviae_Chaves._ISSN_0871-4061
[13] Pax. 27-28. Luís Monteagudo García, Anuario Brigantino nº 26. Ano 2003
[14] Pax. 163. Historia de las creencias y de las ideas religiosas. Tomo I.
[15]http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/search?q=Marco+de+Fonte+Salgueiras+ou+Fonte+das+Meigas
[16] http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2013/03/pedrafita-menhir-cruceiro-o-cristo-de.html
[17] http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2013/03/pedrafita-menhir-de-portonovo-sedes.html
[18] http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2012/12/pedrafita-menhir-marco-do-vento-cerdedo.html
[19] http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2002_09_gal.pdf
[20] http://patrimoniodovicedo.blogspot.com.es/2011/06/monumentos-do-concello-do-vicedo.html
[21] Pax. 48. As cruces de pedra na Galiza.
[22] http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2012/06/anta-de-santo-tome-o-valadouro.html
[23] http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2012/10/estatua-menhir-de-muino-de-san-pedro.html
[24] http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2012/10/estatua-menhir-do-tameiron-gudina_16.html
[25] Pax. 221. Estelas e Estátuas-menires da Pré á Proto-história. Beatriz Comendador Rey, Víctor Rodríguez, Alejandro Manteiga.
[26] Pax. 270. Estelas e Estátuas-menires da Pré á Proto-história
[27] Pax. 129. Revista Aqvae Flaviae, N.º41 - Chaves 2009
[28] Pax. 117. Estelas e Estátuas-menires da Pré á Proto-história. Domingos J. Cruz, André Tomás Santos.
[29] Pax. 191. Estelas e Estátuas-menires da Pré á Proto-história. Lara Bacelar Alves e Mário Reis
[30] Pax. 131. Revista Aqvae Flaviae, N.º41 - Chaves 2009
[31] Pax. 198. Estelas e Estátuas-menires da Pré á Proto-história. Lara Bacelar Alves e Mário Reis
[32] http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/search?q=Castrelo+do+Val
[33] http://verin-natural.blogspot.com.es/2012/10/egrexio-persoeiro.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario