San Cristovo, santo
quizais mestre patrón dos santos
anteriores. S. III? - mártir - festa: Oficialmente
era o 25 de xullo (o mesmo día que o patrón de Galicia, Sant Iago) actualmente
celébrase o 10 de xullo, é o patrón dos viaxeiros, condutores, mariñeiros e
barqueiros.
San Cristovo naceu en Licia (rexión da Asia Menor situada ao sur do
territorio dos celtas gálatas) na cidade de Samón (de sam, igual que Samos e
Samaín), Cristovo vén de Cristóforo;
o Portador de Cristo.
A finais da Idade Media, tralo
Concilio de Trento, a devoción a este santo decreceu e case se perdeu, aló
menos no Occidente oficial, certas
formas asimiladas pola tradición e afíns á superstición foron combatidas por
católicos, protestantes e humanistas.
Pese a todo, na nosa terra, Cristovo é o guía espiritual dos
condutores por excelencia, ténselle moita devoción, todas as cidades e vilas
recíbeno co estrondo de bucinas e sirenas de taxis, autobuses e camións o día
da súa fest. É patrón de varias vilas e concellos, Cea, Cee, Portonovo, Carnés
(Vimianzo), Merín (Vedra), Dombodán (Arzúa), …, se celebra o 10 de xullo.
|
San Cristovo de Dombodán |
A historia de Cristovo, ao igual
ca de San Xiao, é das máis
complexas e, en certos aspectos, estrañas da historia dos santos, reúne elementos históricos, míticos e
fantásticos e as dimensións máis xenuínas do anuncio cristián. Pola maraña e
dimensión fantástica de certos elementos desta experiencia de santidade, algúns
estudosos dubidaron da existencia real do mártir Cristovo.
Na Lenda Dourada, Cristovo era un xigante, un grande guerreiro,
dotado dunha forza extraordinaria, logo de servir a un gran rei e despois
ao Demo, un eremita logrou inicialo á
relixión cristiá a través do amor ao próximo transportando no seu lombo os
viaxeiros que pretendían atravesar un río cheo de perigos, un día, levando a un
neno nos seus ombros, notou un peso sobrehumano, inaudito nun humano de tal
tamaño, cando chegou por fin a outra beira do río unha voz divina anuncioulle
que transportara ao rei do universo, en sinal disto o seu bastón converteuse
nunha palmeira cuberta de follas e dátiles.
Nesta representación é posible entrever influencias de mitoloxías pagás
que reconducen ao deus Anubis ou tamén a Hermés
e Heracles (Hércules romano)… nunha
transfiguración cristiá do culto de Hércules que leva a Eros, moi difundido en
Oriente…(..).. o tema da travesía de difíciles cursos de auga pola noite é de
orixe indoeuropeo e forma a base doutras lendas haxiográficascomo
as dedicadas a Xulián o Hospitalario.
San Cristovo coma o deus céltico Bran é un xigante que cruza as
augas, protexe e guía aos viaxeiros ou guerreiros de boa vontade, coma San Xiao
axuda aos camiñantes a pasalas canles dos ríos, na tradición cristiá non
transporta ao deus do amor coma Heracles, senón a Cristo, Cristovo é
representadocase sempre co neno Xesús sobre o seu ombreiro.
|
Capela de San Cristovo das Serpes, Brión (Ferrol) |
Recordemos que André Pena na súa
obra, San Andrés de Teixido, amósanos a San Cristovo das Serpes de Brión
(Ferrol); coma
posiblemente outro dos lares viales galegos, tiña a piadosa tarea de socorrer
persoalmente recolléndoas, unha a unha, da area, e subíndoas as súas costas, ás
almas que chegando tarde ao peirao chamado “Areas do Paradiso” no seu santuario
de Ferrol perdían o barco para o“Alén”, o “Máis Alá”.
|
San Cristovo das Serpes vestido de ermitán
portando o candil que simboliza a luz da fe
cristiana, seguindo a iconografía medieval. |
Din, tamén, que San Cristovo unha
noite de preguiza e aburrimento subiu a unha barca de pedra co Neno Xesús
ás costas e cruzou o mar ata a praia de Chanteiro para facer unha visita a Nosa Señora da Mercé, que
saíu a esperalo diante da súa igrexa. Tamén se di que unha enorme serpe, cunha impresionante melena,
protexe a San Cristovo. Introducíase
dentro da fonte enroscándose ata que desaparecía polas aberturas das pedras do
fondo. Todos
fuxían ao vela, mais nunca fixo mal a ninguén.
A serpe maila ser perseguida pola relixión
católica dende a antigüidade, a súa sona de protectora e condutora de almas
continúa en moitos lugares de Galicia.
En Carnés (Vimianzo) as celebracións a San Cristovo
recollen peculiaridades moi semellantes ás sonadas feiras- festas- asembleas
célticas, o que en Irlanda se chamaron óenachs, os actos
relixiosos, a comida fraternal, a romaría, a festa,.., todos estes ingredientes
danse na sonada Festa da Faguía de
Carnés. A festa comeza o día 9 de xullo, véspera do día de San Cristovo, cada
casa de Carnés leva a súa pota para cocer os callos dende ben cedo, logo da
misa das sete da tarde, San Cristovo, seguido dos gaiteiros e asistentes á
misa, é sacado en procesión ata o recinto da Cerca onde presidirá a comida,
mentres, moitos devotos achéganse ata a imaxe de San Cristovo para tocalo
coa esperanza de que lles conceda algún favor ou simplemente para rezarlle
algunha pregaria, ao rematar o banquete a imaxe é devolta ao templo, logo sobre as once da noite comezará o baile no campo
da festa.
As
celebracións continúan ao día seguinte coa poxa dedicada o San Cristovo, non
rematarán ata o día 11, co día dedicado a San Bieito, curiosamente a súa procesión
é presidida de novo por San Cristovo. Non debemos esquecer facer referencia á
Pedra do Noco ou Pedra de San Cristovo, hoxe en día desaparecida, esnaquizada e
utilizada por un veciño para a súa comenencia, nela seica ao pe de San Cristovo
e o mulido da Virxe María había varios gravados, as asembleas feirasprerromanas adoitaban facerse ante unha pedra símbolo da forza divina.
A institución que organiza a festa, a confraría,
ten na súa fundación, documentada dende principios do século XVII,
80 membros de diferentes parroquias, tal
cantidade de confrades fainos cavilar que esta tradición tivo que remontarse a
moitos años antes da súa constitución oficial .
Diciamos que estas celebracións comunitarias
recordan a asembleas-festas de tempos prerromanos, isto unido ás calidades de
San Cristovo como guía espiritual de confrades fainos pensar nunha antiga asimilación
cristiá dun deus condutor de vivos e mortos que en Galicia chamouse Lug, Bandúa,
Breogán, Bran… para os pobos célticos e Wodan (o vello Odín dos vikingos) para
o pobo suevo.
Bibliografía
LEONARDI C., RICCARDI A. , ZARRI G. Diccionario de los Santos,
Volume II, Editorial San Pablo. Madrid, 2000.
PENA GRANA,
A. San Andrés de Teixido. El camino mágico de los
celtas. Equona. Narón, 2006