luns, 29 de outubro de 2012

Samain, nin Ghalopín, nin Halloween

Cabeza cortada de Armea

Samain é a festa do fin de ano celta, é a festividade do comezo do inverno, a asemblea principal dos guerreiros, o día do ano en que as portas do Máis Alá están despechadas, os mortos poden visitar a vida e os vivos quedar prendidos na morte.
Samain ven da raíz céltica sam que significa; reunión, xunta de xentes, asemblea. É a mesma raiz que o irlandés Samhain, o galo Samonios, que o noso  Samanos, ubimonasterium e Santi Iuliani, o Mosteiro de Samos (Lugo) segundo documento do ano 853. [1]
Esta festa, ata hai pouco, tiña ese verniz pillabán de meter medo nas noites de defuntos coas cabazas acesas.
Por iso nós festexamos o Samaín, nin Ghalopín, nin Halloween.
Ata sempre e bo proveito, Gonzo anosahistoria1@gmail.com


Bibliografía




[1] Pax. 135. El tumbo de San Julián de Samos

1 comentario:

  1. O das cabezas cortadas semella ter tanta raigame en Galiza que ata no seu escudo, segundo despréndese da tradición cristiana, aparecería unha: Os anxos, segundo a lenda, confeccionaron o grial coa esmeralda caída da fronte de Lucifer na súa loita contra o arcanxo san Miguel; algún autor relaciona esta lenda cunha antiga costume ritual pola que co cranio do enimigo, cando non dun antepasado, etc. confeccionábase a vaisela, cazo ou cacho ritual que o cristianismo perpetúa como o cáliz, grial.

    Un saúdo

    ResponderEliminar