Estela de guerreiro en carro de Castrelo do Val, Ourense |
Interesantísimo achado dunha estela de guerreiro con escudo con escotadura en V , estaría datada na Idade de Bronce entre os 1200 e 1000 anos a.C.
Estela de Solana de Cabañas. Cáceres |
Este tipo de estela, coñecida coma estelas do Suroeste, por situarse nesta rexión peninsular o epicentro deste fenómeno cultural (Extremadura española e portuguesa, así como Andalucía occidental), amosa outra proba da importancia estratéxica da nosa terra na prehistoria; «O seu achado referenda que Galicia foi un lugar de comunicación entre as culturas mediterráneas e as illas Británicas», explica o arqueólogo Alberte Reboreda na Voz. Pena que a información amose só unha fotografía.
Post Data:
Xa temos máis información na web de Cultura Galega e na web do Concello de Castrelo do Val.
Post Data:
Xa temos máis información na web de Cultura Galega e na web do Concello de Castrelo do Val.
Estela de Castrelo do Val |
Ata sempre e bo proveito, gonzos@latinmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario