No século VI, o Papa Gregorio Magno recomendaba: “ Non suprimades os festíns que celebran aquelas xentes nos sacrificios que ofrecen aos seus deuses; trasladalos ao día das festas dos santos mártires, co fin de que , conservando algunhas groserías , alegrías da idolatría, se predispoñan máis doadamente a gustar das ledicias espirituais da fe cristiá .”
Igrexa de Santiago e Bembrive, Vigo |
Polo tanto ante as alegrías da idolatría, tapábase o nariz con tal de achegar os indíxenas galegos á relixión católica. O arte románico galego, sobre todo o rural, é un exemplo (moi pouco estudado, todo hai que dicilo) de extraordinaria adaptación dos símbolos, ritos e costumes da relixión pagá á nova cristiá, as rosetas, os trisqueles, as rodas solares, as árbores da vida ,.. abondan nas igrexas rurais, tamén as cruces célticas nos cumios das nosas igrexas e capelas.
Igrexa de Taboada dos Freires, Taboada (Lugo). Sansón desqueixando un león á esquerda cruz templaria |
E neste labor, cistercienses e templarios, poñen mans á obra. No anterior artigo diciamos das boas relacións do Cister co Temple, non é nada estraño, San Bernardo -igual que os 9 fundadores do Temple- é da rexión da Champaña (antigo territorio da tribu gala dos remi (2)), é primo de Hugo de Payns o primeiro Mestre do Temple e cofundador do mesmo(3) . As relacíóns entre ambas ordes é tan estreita que no xuramento de toma de posesión dos Mestres templarios en Portugal (séculos XII-XIII) estipúlase:
Cruces patadas templarias e árbores da vida en tímpano de San Salvador de Sarria |
Poderíase dicir que a Orde do Temple é a rama militar do Cister.
Cabeza castrexa San Pedro de Trasalba. Amoeiro (Ourense) |
En San Pedro de Trasalba, parroquia de Amoeiro (Ourense) que fora encomenda do Temple, asoma dos muros da igrexa unha cabeza cortada castrexa reutilizada para a ocasión.
No mesmo concello, atopamos pedras labradas castrexas nas capelas San Xiao de Fonfría (San Xiao coma santo hospitaleiro do que eran devotos os templarios(7) aparecerá moitas veces de guía dos peregrinos e das almas). e na de Formigueiro. O cruce de vías romanas que se produce no concello de Amoeiro é coñecido dende antigo e está ben documentado, entre outras razóns, pola aparición de varias aras dedicadas aos Lares Viales(5).
Cabezas cortadas en San Xiao de Moraime |
Máis curiosa é a Igrexa de San Salvador Sarria, onde asoma entre as arquivoltas, debaixo do tímpano, unha cabeza cortada. No tímpano, un Pantocrátor entre árbores da vida e cruces patadas templarias.
Cabeza cortada en San Salvador de Sarria |
Máis nada, coidado co Ghalopín, feliz Samaín e ánimo que o San Martiño e o Magosto xa están aí.
Ata sempre e bo proveito. anosahistoria1@gmail.com
Continúa en;
http://anosahistoria.blogspot.com.es/2011/10/cabezas-cortadas-tradicion-continua.html
(1) A Raíña Lupa.
(2) Nas súas moedas de ouro, destacan a roda solar e o cabalo.
(3) Pax. 59. Breve historia de la Orden del Temple.
(4) Pax 267 Rubicón.
(5) http://www.usc.es/gl/investigacion/proxectos/amoeiro/
(6) http://www.estudioshistoricos.com/articulo/cpm/cpm_03.htm
(7) [1] Pax 197. Breve historia de la Orden del temple.
Bibliografía
BALBOA SALGADO, A. A raíña Lupa: as orixes pagás de Santiago. Lóstrego, Santiago 2005.
CORRAL, J.L. Breve historia del Orden del Temple. Edhasa, Barcelona, 2006
LEMA MOUZO, R. El camino secreto de Santiago, Edaf, Madrid, 2007
PEREIRA MARTINEZ, C. Anuario Brigantino, nº 23
PEREIRA MARTINEZ, C. Anuario Brigantino, nº 28
PEREIRA MARTINEZ, C. http://www.estudioshistoricos.com/revista/nalgures2.pdf
PEREIRA MARTÍNEZ, C. Os templarios. Artigos e ensaios. Noia, Toxosoutos, 2000.
HOLLAND, T. Rubicón: auge y caída de la República Romana,Planeta, Barcelona, 2005
Nunca vira relacionado as cabezas cortadas coas cabazas.Ten sentido pois parece que durante o Samaín voltaban a Tevra as bandas de xovens guerreiros itinerantes, e tiñan os seus ritos específicos.
ResponderEliminarPor certo, o magosto era outro rito do samaín (un xantar comunitario que incluía as almas dos difuntos), que foi transladado posteriormente, nalgunhas zonas, a San Martiño.
Taliesín.
Dacordo, o magosto sería outro rito do Samaín;
ResponderEliminarNa tradiçom galega com toda segurança o Magusto provém do Samhain celta empobrecido últimamente polo pouco conhecimento dos guias culturais e pedagógicos do Nosso País e reduzido a umha simples tradiçom gastronímica com castanhas, vinho e chouriço como protagonistas, mas também a tradiçom dos cabaços é própria e autóctone tendo-se manifestado nas datas das que levamos falado durante todo este trabalho em lugares da Galiza preferentemente marinheiros onde o temos registado como por exemplo Cangas, Mugia ou Cedeira.
Anaco do artigo de José Manuel Barbosa publicado no jornal “La Región” em 11 de Novembro de 1997
Ola.
ResponderEliminarUnha cousa: xa que empregas as miñas fotos, ¿non che parece que estaría ben que mo fixeras saber ou que polo menos fagas referencia a que están sacadas do meu blog?
Saúdos
Tes algo de razón, desculpa se non che pedín permiso, máis clikando no texto de pe da foto temos un enlace ao teu blog.
ResponderEliminarNo anterior artigo: http://anosahistoria.blogspot.com/2010/10/os-templarios-nas-terras-do-ulla-e.html cara á metade do texto especificamos:
Na nosa veciña A Ulloa en fotos, atopabamos tres igrexas con símbolos da mesma caste nas súas arquivoltas son; San Salvador de Vilanuñe (Antas de Ulla), San Martiño de Ferreira (Palas de Rei) e San Miguel de Esporiz (Monterroso)
con enlaces ao teu blog clikando nos textos.
Temos algunha referencia máis no noso blog a A Ulloa en fotos, pero lamentablemente agora non me lembro.
Por certo ese que escribía;
“…… le calquera dos post que ten este blog, haber se che cae a venda dos ollos e non ghastas as enerxías en amolar este extraordinario exemplo de divulgación gratuíta da nosa cultura popular.
Na Ulloa, desculpádeo porque non sabe o que di.” en http://aulloaenfotos.blogspot.com/2010/05/historias-de-pambre-ii.html
eramos nós, e seguimos pensando o mesmo do teu traballo.
Espero que admitas as desculpas, por que realmente A Ulloa en fotos é unha extraordinaria fonte de información sobre o noso patrimonio artístico, cultural e natural.
Maís nada, unha forte aperta, Gonzo.
Perfecto.
ResponderEliminarNon vin os enlaces pero coa túa palabra chégame. Colle o material que precises.
Saúdos.
Graciñas pola túa confianza, abofé que é unha sorte poder documentarnos fotograficamente en A Ulloa en fotos
ResponderEliminar