Dende tempos remotos - sen dúbida antes da chegada dos romanos- as nosas terras serviron de paso aos pobos que atraídos polo fin do mundo, o finis terrae, buscaban o leito onde se deitaba o deus solar. Os romanos, realizaron as obras necesarias no camiño para facilitar o transporte de materias primas, minerais e tropas. A Via XIX de Braga a Astorga viña dende Lugo (Lucus Augusti) cara Santiago (Aseconia?). No trazado de dita calzada agromarían mansións, parroquias (parochias) e villaes, para o servizo do tráfico comercial e militar.
Melide sería unha destas poboacións que naceu neste camiño. No tomo 29 da Gran Enciclopedia Galega, na páxina 18 e seguintes, Xosé M. Broz Rey, Xosé Domingo Fuciños Gómez e Antonio Hermida Rodríguez, fannos un minucioso relato da historia de Melide do que extraemos os seguintes parágrafos;
“O nome de Melide (Melidi) menciónase propiamente nun diploma do mosteiro de Sobrado (entre os anos 958-968). Un segundo documento, de 1017, cita Millerata, en Aveancos, …. Ao longo das dúas centurias seguintes fan referencia á vila diversos escritos, aínda que neles a grafía do topónimo experimenta modificacións: Milide, Melide, Milidi…
Sobre a etimoloxía propuxéronse moitas solucións, dende as que afirmaban que proviña de Medulio (monte mítico onde o Imperio Romano rematou a resistencia galaica)…, ata a de Murguía, que fai proceder o nome do concello do soldado Milhert, ou outras que o derivan do caudillo mahometano Abdalá ben Melik, que libraría unha batalla en 812 á beira do río Furelos. (…)
Non obstante, hoxe acéptase como correcto que Mellitus era o nome do dono dunha vila ou terra neste lugar e que Melide derivaría do xenitivo Melliti (de Mellitus).”
Mellitus en latín significa; de mel, composto con mel, suave, agradable.
Mellitus sería pois, un romano de elevado estatus, posiblemente terratenente ou comerciante, (polo seu nome; agradable ou meloso?) que ostentaría certo poder no berce da futura vila.
Outras poboacións do Camiño Primitivo serían ocupadas ou erixidas, co tempo, polos suevos na súa invasión do século V, Vilouriz (Toques) que significa; Vila de Honoricus sería un exemplo significativo.
Non hai que esquecer pola súa beleza a Praia de Melide, a unha carreiriña de can do Castro de Donón no Monte do Facho (na foto da praia, o monte que se atopa enriba das casas de Donón), eiquí indíxenas e romanos habitaron durante varios séculos este paradisiaco entorno.Melide sería unha destas poboacións que naceu neste camiño. No tomo 29 da Gran Enciclopedia Galega, na páxina 18 e seguintes, Xosé M. Broz Rey, Xosé Domingo Fuciños Gómez e Antonio Hermida Rodríguez, fannos un minucioso relato da historia de Melide do que extraemos os seguintes parágrafos;
“O nome de Melide (Melidi) menciónase propiamente nun diploma do mosteiro de Sobrado (entre os anos 958-968). Un segundo documento, de 1017, cita Millerata, en Aveancos, …. Ao longo das dúas centurias seguintes fan referencia á vila diversos escritos, aínda que neles a grafía do topónimo experimenta modificacións: Milide, Melide, Milidi…
Sobre a etimoloxía propuxéronse moitas solucións, dende as que afirmaban que proviña de Medulio (monte mítico onde o Imperio Romano rematou a resistencia galaica)…, ata a de Murguía, que fai proceder o nome do concello do soldado Milhert, ou outras que o derivan do caudillo mahometano Abdalá ben Melik, que libraría unha batalla en 812 á beira do río Furelos. (…)
Non obstante, hoxe acéptase como correcto que Mellitus era o nome do dono dunha vila ou terra neste lugar e que Melide derivaría do xenitivo Melliti (de Mellitus).”
Mellitus en latín significa; de mel, composto con mel, suave, agradable.
Mellitus sería pois, un romano de elevado estatus, posiblemente terratenente ou comerciante, (polo seu nome; agradable ou meloso?) que ostentaría certo poder no berce da futura vila.
Outras poboacións do Camiño Primitivo serían ocupadas ou erixidas, co tempo, polos suevos na súa invasión do século V, Vilouriz (Toques) que significa; Vila de Honoricus sería un exemplo significativo.
Ata sempre e bo proveito. anosahistoria1@gmail.com
Bibliografía:
· RAIMUNDO DE MIGUEL. Nuevo Diccionario Latino-español etimológico,Visor Libros. Madrid, 2000.
· Gran Enciclopédia Galega, Siverio Cañada. Tomo 29.
¡Hola, Gonzo!.
ResponderEliminarUn "celtibérico" saludo. :-))
En la Isla de Ons tiene una aldea y su playa correspondiente de nombre: Melide. (aldea: Melide y Playa de Melide, la más grande y vistosa de la isla.
Allí como mínimo un castro.
Saludos.
Si, a sonada praia nudista de Melide, e, efectivamente, hai un castro en Ons a carón da Cova dos Mouros, entre a Praia de Canexol e o Buraco do Inferno. Foron moitos séculos de cultura castrexa, e tense que notar no patrimonio arqueolóxico e no cultural.
ResponderEliminarUnha aperta.
¡equilicuá!
ResponderEliminar